Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33858

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (308/2016).

JVB. Xuízo verbal 308/2016

Procedemento de orixe: /

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Eva Vales Fernández

Procurador: Óscar Pérez Goris

Avogada: Eva Vales Fernández

Demandado: José Miguel García Fernández

Eu, Violeta Reboredo Otero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira, fago saber que nas presentes actuacións se ditou sentenza 24/2017, do 1.3.2017, cuxo teor literal respecto ao encabezamento e resolución é o seguinte:

«Sentenza.

Ribeira, 1 de marzo de 2017.

Vistos por min, Félix Isaac Alonso Peláez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 deste partido xudicial, os autos de xuízo verbal rexistrados co número 308/2016, por demanda presentada polo procurador Sr. Pérez Goris, en nome e representación de Eva Vales Fernández, fronte a José Miguel García Fernández, en situación de rebeldía procesual.

Parte dispositiva:

Estímase a demanda formulada polo procurador Sr. Pérez Goris, en nome e representación de Eva Vales Fernández, contra José Miguel García Fernández, e condénase o demandado a satisfacer á demandante a cantidade de 1.362,94 euros, que devindicará o xuro legal do artigo 576 LAC (xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos) desde a data da presente resolución.

Todo isto con imposición á parte demandada das custas causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes. Contra esta sentenza non cabe recurso, conforme o establecido no artigo 455 da LAC.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioa, acórdoa e asínoa».

En virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, notifíquese por medio deste edicto a José Miguel García Fernández.

Ribeira, 2 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza