Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33822

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2017, da Xunta Electoral das eleccións para a renovación dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario, pola que se convoca ao acto da votación aos electores da mesa electoral de Meaño 1, do censo A2, subzona Salnés e Ribeira do Ulla, do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

A Xunta Electoral, designada consonte co previsto na Orde do 3 de abril de 2017 pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario, acordou, con data do 11 de xullo de 2017, a nulidade da votación efectuada o pasado día 9 de xullo de 2017 na mesa electoral de Meaño 1, do censo A2, subzona Salnés e Ribeira do Ulla, do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Coa mesma data, a devandita xunta electoral adoptou os seguintes acordos:

1º. Convocar os electores da mesa electoral de Meaño 1, do censo A2, subzona Salnés e Ribeira do Ulla, do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para efectuar unha nova votación, para o vindeiro domingo día 16 de xullo, no mesmo lugar e nas mesmas horas nas que se efectuou a votación anulada.

2º. A mesa electoral estará integrada polo mesmo presidente e vogais que participaron no acto da votación anulada.

3º. No caso de que por imposibilidade dos membros da Mesa Electoral non sexa posible a constitución da mesma mesa electoral, sen prexuízo das responsabilidades a que houbera lugar, a mesa constituirase con calquera dos electores que acudan ese día ao acto da votación.

4º. Poderán acudir ao acto da votación aqueles apoderados que estiveran acreditados para a votación do día 9 de xullo, para o que poderán facelo mediante a presentación do seu DNI.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2017

Belén María do Campo Piñeiro
Presidenta da Xunta Electoral