Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo de subministración (expediente 2017-SUSE 02-PL).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2017-SUSE 02-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=134600

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración por prezos unitarios de pezas de uniformidade para o persoal condutor do Parque Móbil da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) CPV: 18222100-2 e sete máis relacionados na alínea A da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 4.4.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 130.649,59 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 130.649,59 €.

IVE (21 %): 27.436,41 €.

Importe total: 158.086,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27 de xuño de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 29 de xuño de 2017.

c) Contratista: María Mercedes Buján Liñares.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 99.804,96 €.

Importe total: 120.764,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza