Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato, por procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, para a contratación do servizo consistente na redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudo de seguridade e saúde) das obras de restauración e mellora da envolvente térmica dos edificios do Complexo Administrativo San Caetano, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe EP4, prioridade 4c.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2017-SESE 02-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=94020

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación dun servizo consistente na redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudo de seguridade e saúde) das obras de restauración e mellora da envolvente térmica dos edificios do Complexo Administrativo San Caetano.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 71200000-0 Servizos de arquitectura e servizos conexos e dous máis.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 19 de xaneiro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 123.966,94 €, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 123.966,94 €.

Importe total: 150.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12 de xuño de 2017.

b) Data da formalización do contrato: 23 de xuño de 2017.

c) Contratista: ELA Ingeniería y Medio Ambiente, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 98.555,00 €.

Importe total: 119.251,55 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza