Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica de modificación número 1 LMT derivada Vilarbasín, no concello de Portomarín (expediente 003/2014 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: modificado nº 1 LMT derivada Vilarbasín.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 21 m con orixe na celosía metálica existente con código 154-111 (nº 0 no presente modificado ao proxecto) pertencente á LMT aérea existente, procedente da saída PAL 803 da subestación Palas, no tramo entre os centros de transformación existentes Aviporto C.B. e Cortapezas U.F., condutor tipo LA-56 e final na celosía metálica proxectada nº 1.

2. Liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 4.058 m con orixe na celosía metálica proxectada nº 6, condutor tipo LA 56 e final no centro de transformación non prefabricado caseta rural existente Vilarbasín.

3. Liña de media tensión soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 823 m con orixe no PAS sobre celosía metálica proxectada nº 1, condutor tipo RHZ1 e final na cela de liña proxectada no centro de seccionamento proxectado.

4. Liña de media tensión soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 945 m con orixe na cela de liña no centro de seccionamento proxectado, condutor tipo RHZ1 e final no PAS proxectado sobre celosía metálica nº 6.

5. Centro de seccionamento compacto 3L de manobra exterior con envolvente prefabricada de formigón.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que xulguen oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se encontren ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada esta, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 22 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 03/14. Concello: Portomarín. Provincia: Lugo.

Modificado nº 1 a proyecto de LMT derivada Vilarbasín.

Ref. Catastral

Nome, apelidos e enderezo

Apoio

Afeccións

predio

Polg.

Parc.

Lugar

Cultivo

m2

ml aér.

m2 aér.

4

29

189

Val de Castiro

Erial e prado

– Monte Veciñal de Cortapezas

Ignorado

Repr.: Sr. Fiscal da Audiencia Provincial

3, 4

11.0

225.0

2258.0

23

37

77

Monelos

Prado

– Edita Folgueira López

Praza de Sta. Gemma, nº 7, 6º A, 15006 A Coruña

Ext. 11

3.0

1.0

15.0

26

37

90

Monelos

Prado

– Edita Folgueira López

Praza de Sta. Gemma, nº 7, 6º A, 15006 A Coruña

12

2.0

44.0

434.0

29

38

25-

24-23

Chousas

Prado e frutais

– Edita Folgueira López

Praza de Sta. Gemma, nº 7, 6º A, 15006 A Coruña

13, 14

4.0

193.0

2306.0

30

38

37

3-

113

Lagoa

Monte alto

– Monte Veciñal de San Mamede

Ignorado

Repr.: Sr. Fiscal da Audiencia Provincial

15

2.0

159.0

2550.0

31

36

1

Perdigueira

Monte baixo e alto

– MVMC de Portomarín

Repr.: Gonzalo Díaz González (Pte.)

R/ Compostela, nº 22, 27170 Portomarín, Lugo

– Servizo de Montes-Consellería do Medio Rural

Edificio Administrativo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo

16, 17, 18, 19

8.0

539.0

6141.0