Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 22 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de procedencia de reintegro das axudas á contratación indefinida inicial, reguladas na Orde do 28 de maio de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 6 de xuño), relativa ao expediente TR349A 2013/29-2.

Intentada a notificación do acordo da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polo que se acorda a resolución da procedencia de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o establecido no artigo 46 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da dita resolución, como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

Contra esta resolución, que pon fín á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 22 de maio de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR349A 2013/29-2.

Nome: Ailalelo Deseño Gráfico.

DNI/NIF: F27444710.

Último enderezo coñecido: rúa Cruz, 20, 1º D, 27001 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo ás persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro desta orde durante un período de dous anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, do anexo I da Orde do 28 de maio de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratatación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 28 de abril de 2017 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.