Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34464

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 7 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao cal lle corresponde propor e executar as directrices xerais no ámbito rural, que engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

No ámbito do sector agrícola, gandeiro, forestal e agroalimentario teñen unha importante relevancia na procura do desenvolvemento rural as accións de programación, coordinación e impulso da innovación e investigación e a innovación tecnolóxica, así como as accións de formación, información e transferencia tecnolóxica ao sector e a adopción dos resultados da investigación agroforestal e agroalimentaria.

Nun contexto dunha crecente competencia, é importante velar para que estes sectores poidan aproveitar oportunidades de mercado mediante enfoques amplos e innovadores. Con este fin debe fomentarse a cooperación entre os agricultores e demais interesados.

Por outra banda, o Consello da Xunta de Galicia, nas súas reunións do 24 de setembro e do 22 de outubro de 2009, aprobou o programa Impulsa Lugo e o programa Impulsa Ourense, respectivamente, nos cales se establecen, entre outras, as medidas transitorias de apoio aos investimentos. Dada a situación económica actual en que as provincias de Lugo e Ourense se viron afectadas con especial incidencia pola desaceleración no desenvolvemento das empresas e proxectos de investimento existentes, considérase fundamental que a Consellería do Medio Rural, a través das súas liñas de axuda, prime dalgún modo as iniciativas investidoras implantadas nestas áreas xeográficas, coa finalidade de estimular o seu desenvolvemento económico e social e favorecer o reequilibrio territorial.

Por iso, na presente orde establécese como criterio de prioridade o feito de que as actuacións se desenvolvan en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, de acordo coas definicións recollidas no Regulamento (CE) 1257/1999, ao estar incorporados a estas case que a totalidade dos concellos destas dúas provincias.

As axudas para a execución dos proxectos de grupos operativos (en diante, GO) da Asociación Europea da Innovación (AEI) convocáronse amparadas no Regulamento (UE) nº 1305/2013, relativo ás axudas ao desenvolvemento rural a través do Feader e, en concreto, no artigo 35 de cooperación, así como demais normativa comunitaria sobre axudas do Estado. E enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, medida 16, submedidas 16.1 e 16.20, aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015.

Estas axudas, baixo a submedida 16.12, en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola e forestal, terán un efecto directo sobre a área focal 3A establecida no PDR 2014-2020: mellorar a competitividade dos produtores primarios integrándoos mellor na cadea agroalimentaria a través de réximes de calidade, engadir valor aos produtos agrarios, promoción en mercados locais e en circuítos de distribución curtos, agrupacións e organizacións de produtores e organizacións interprofesionais.

Ao mesmo tempo, terán efectos secundarios sobre as áreas focais:

– 2B: facilitar a entrada no sector agrario de agricultores adecuadamente formados e, en particular, a remuda xeracional.

– 5B: uso máis eficiente da enerxía na agricultura e na transformación de produtos agrarios.

– 5C: facilitar a subministración e o uso de fontes renovables de enerxía, subprodutos, residuos e demais materia prima non alimentaria para impulsar o desenvolvemento da bioeconomía.

En consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para a execución de proxectos de grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas, e convocar estas axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o ano 2017. O seu código de procedemento é MR331B.

Polo tanto, con base no establecido na presente orde financiaranse proxectos innovadores dos grupos operativos da AEI seleccionados, cubrindo os gastos derivados da súa execución. En ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental nin investigacións independentes.

Artigo 2. Definicións

Para os efectos de aplicación do establecido nesta orde, relaciónanse as seguintes definicións:

1. Asociación Europea da Innovación (AEI): é o marco onde atopan acomodo as iniciativas de innovación en materia de sustentabilidade e produtividade agraria. A estrutura instrumental da AEI articúlase arredor da rede europea que fai posible a conexión de grupos operativos, servizos de asesoramento e investigadores. Os seus obxectivos defínense no artigo 55.1 do Regulamento (UE) 1305/2013, do 17 de decembro de 2013.

2. Grupo operativo: agrupación constituída como principal vehículo, orientado á identificación de problemas concretos ou oportunidades nos sectores agroalimentario e forestal, a partir dos cales se xeren iniciativas innovadoras que dean resposta e solucións a esas dificultades ou oportunidades detectadas, sempre no ámbito dos obxectivos da AEI. O grupo operativo estará formado por un mínimo de dous axentes interesados.

3. Axente de innovación: persoa ou organización coa cal pode contar un grupo operativo que busca e pon en contacto os axentes idóneos para levar a cabo un proxecto innovador, sen ter necesariamente que estar involucrado tecnicamente. As súas tarefas poden incluír, entre outras, a asistencia para perfilar e concretar a idea do proxecto, a busca de fontes de financiamento ou a preparación da solicitude de financiamento, a posta en marcha do proxecto ou a divulgación dos resultados. O axente de innovación pode ser unha entidade integrada dentro do grupo operativo ou ben unha persoa ou entidade contratada por este.

4. Representante do grupo operativo: membro do grupo operativo designado por este, que actúa como solicitante da axuda e representante do grupo ante a Administración.

5. Proxecto de innovación: é aquel que ten como propósito xerar ou adaptar, dominar e utilizar unha tecnoloxía nova nunha área xeográfica, nun sector ou subsector produtivo ou nun campo específico do sector agroforestal. Esta tecnoloxía nova deberá representar un avance significativo fronte ás tecnoloxías utilizadas nesas áreas xeográficas, sector/subsector produtivo ou campo específico en que se pretenda innovar, e permitirá a súa mellora a quen o desenvolva.

6. Tipos de innovación tecnolóxica: pode ser de produtos (bens ou servizos) ou de procesos (de produción ou de xestión). A innovación de produtos dáse cando se introduce no mercado un produto novo ou significativamente mellorado nas súas características técnicas. A innovación de procesos dáse cando se implanta un proceso novo ou mellorado significativamente, o que pode suceder a través do cambio nos equipamentos e instalacións, na organización da produción ou en ambos.

Artigo 3. Membros do grupo operativo e beneficiarios das axudas

1. Membros do grupo operativo.

a) Segundo a redacción do artigo 35 do Regulamento 1305/2013, do 17 de decembro de 2013, na iniciativa de cooperación deberán intervir, como mínimo, dous axentes.

b) Os grupos operativos estarán formados, polo menos, por unha entidade relacionada coa produción agrícola ou forestal, incluídas as entidades interprofesionais do sector. Terá preferencia a participación dun centro de innovación, investigación ou tecnolóxico de natureza pública ou privada.

c) Poderán incorporar tamén entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio rural, así como as que desenvolvan actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nos ámbitos agrario ou forestal, entidades asesoras na conservación ou uso sustentables dos recursos naturais ou outras entidades con intereses recoñecidos no ámbito rural

d) Os grupos operativos terán ámbito autonómico, entendendo por iso que o proxecto presentado se desenvolverá na Comunidade Autónoma de Galicia e estará destinado a resolver un problema existente no sector agrario, forestal e agroalimentario galego.

e) Os grupos operativos contarán con procedementos internos que garantan a transparencia no seu funcionamento, a toma de decisións e eviten conflitos de intereses.

f) Un dos membros do grupo operativo actuará como representante e asumirá a xestión económica do proxecto e a plena responsabilidade fronte á Administración para os efectos de pagamentos, reembolsos e recuperacións.

g) A relación entre os socios quedará reflectida nun convenio de colaboración en que se comprometan a permanecer no grupo durante o período de execución do proxecto. O dito documento porase á disposición da Administración e conterá, como mínimo, os seguintes puntos:

• Datos identificativos dos membros integrantes do grupo operativo: nome, enderezo, teléfono, correo electrónico e persoa de contacto.

• Obxecto do acordo, que terá como contido formalizar as relacións entre os membros, o funcionamento interno e a designación do coordinador do grupo operativo.

• Datos da idea do proxecto innovador que se vai realizar incluíndo, polo menos, título, finalidade, sector ou subsector en que se vai desenvolver e os resultados esperados.

• Contribución dos membros ao grupo operativo e ás actividades asignadas a cada un.

• Os membros do grupo operativo acordarán que o coordinador do grupo regule as actividades e estea autorizado a representar as partes nas relacións con terceiras persoas, no relativo ás actividades conxuntas do grupo.

• Dereitos e obrigas dos membros.

• Responsabilidade dos membros.

• Confidencialidade. Cada membro comprométese a protexer toda a información obtida deste acordo ou relacionada con este e a mantela de forma confidencial.

• Duración, vixencia, modificación e remate do acordo.

• Xustificación da idoneidade de cada unha das entidades que forman o grupo operativo para a execución do proxecto proposto.

h) Os grupos operativos deberán difundir os resultados dos seus proxectos polas vías que se consideren oportunas e, obrigatoriamente, a través da rede da Asociación Europea da Innovación (AEI), que ten como obxectivos os recollidos no artigo 57 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda para o desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

i) Un grupo operativo non poderá presentar mais dun proxecto e este será o obxecto da súa constitución.

j) Deberá xustificarse, así mesmo, para todos e cada un dos membros ou compoñentes do grupo operativo a súa idoneidade e o papel que vai desenvolver na execución do proxecto proposto por ese grupo operativo.

A idoneidade dos distintos membros ou compoñentes do grupo operativo acreditarase en función da súa actividade económica e/ou da súa experiencia na materia e/ou na documentación constitutiva da entidade.

2. Beneficiarios das axudas.

a) Poderán ser beneficiarios das subvencións obxecto da presente orde os membros dos grupos operativos da AEI constituídos para o desenvolvemento dun proxecto innovador ao abeiro das presentes bases reguladoras.

b) Para esta liña de axuda pode haber varios beneficiarios por proxecto en función da súa implicación e de acordo co convenio de colaboración subscrito polos membros do grupo operativo. O número máximo de beneficiarios por proxecto será de cinco, incluído o representante, máis un coordinador de proxecto.

c) Para poder ter a condición de beneficiarios, deben estar formando parte do grupo operativo constituído coa única finalidade de executar o proxecto para o cal se presenta a esta convocatoria. Deberán achegar o documento constitutivo do grupo operativo debidamente asinado co compromiso de cada un dos compoñentes.

d) Poderán ser beneficiarios os membros do grupo operativo que teñan a condición de:

1º. Entidades relacionadas coa produción agrícola ou forestal, incluídas as entidades interprofesionais do sector.

2º. Centros de innovación, investigación ou tecnolóxicos de natureza pública ou privada.

3º. Entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio rural, así como as que desenvolvan actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nos ámbitos agrario ou forestal.

4º. Entidades asesoras na conservación ou no uso sustentables dos recursos naturais.

5º. Outras entidades con intereses recoñecidos no ámbito rural.

Artigo 4. Requisitos dos beneficiarios

1. As entidades beneficiarias da acción de cooperación deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Realizar a actividade obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitadas para a obtención de subvención ou axuda pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou outros entes públicos.

d) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Divulgar os resultados do proxecto, en particular a través da rede da AEI.

2. Os consellos reguladores das denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario que aínda non teñan personalidade xurídica de seu, por non ter adaptados os seus regulamentos ao establecido na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, poderán solicitar as axudas reguladas pola presente orde sempre que cumpran co recollido no punto 3 do artigo 8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Actividades subvencionables

1. As áreas prioritarias de actuación das iniciativas de cooperación serán as seguintes:

a) Xestión sustentable dos recursos naturais.

• Sistemas de produción agro-silvopastorais con alto grao de diversidade, con manexos ecolóxicos ou integrados, centrados nas áreas específicas para recursos xenéticos animais e vexetais importantes para Galicia (gandaría de vacún, ovino e cabrún; pastos, forraxes, cereais, froitas, hortalizas, viñedo, plantas industriais e outras).

• Programas específicos dirixidos ás áreas de sanidade animal e vexetal e uso sustentable de produtos fitosanitarios. As iniciativas terán en conta as orientacións e achegas ao impulso dos sistemas agrarios que contribúan á mitigación dos impactos negativos da agricultura sobre o medio, en concreto no relativo á calidade das augas e á emisión de gases de efecto invernadoiro, con especial énfase na xestión dos efluentes procedentes da actividade agraria nas explotacións e na súa valorización como fertilizantes.

• Xestión dos recursos hídricos agrícolas, en particular nas tecnoloxías de xestión e utilización de augas superficiais para a súa utilización sustentable e eficiente na rega de cultivos, control de canles e prevención de inundacións.

• Estudo da eficiencia de uso e do impacto no medio natural dos recursos internos e externos das explotacións (terra, auga, enerxía e nutrientes), co obxectivo de mellorar a produción de alimentos de alta calidade de forma compatible coa prestación de servizos ambientais pola agricultura galega.

• Xestión de fertilizantes nas explotacións agrarias.

• Mitigación do cambio climático en explotacións agrarias para fomentar o paso a unha economía baixa en carbono, lograr mellorar a eficiencia do uso da auga e da enerxía e facilitar o uso de fontes renovables de enerxía.

• Desenvolvemento de tecnoloxías para a preservación e a mellora xenética dos recursos animais e vexetais orientadas á produción de alimentos de calidade, en sistemas sustentables e con reducido impacto ambiental.

b) Sistemas agrarios de produción.

• Aumento da sustentabilidade e competitividade dos sistemas de produción agrícola, gandeira e forestal orientado á salvagarda da saúde dos consumidores, á mitigación dos impactos ambientais e á loita contra o cambio climático. Inclúense o desenvolvemento e a obtención de novas tecnoloxías, equipamentos e instalacións, maquinaria, sistemas de produción, manexo e recolección de cultivos, así como a mellora xenética, a protección vexetal e animal, o desenvolvemento de axentes de control biolóxicos e o mantemento de especies e ecosistemas autóctonos.

• Tecnoloxías de produción de baixo input de pesticidas e fertilizantes sintéticos e de produción ecolóxica que teñan en conta a mellora do manexo dos recursos vexetais con respecto á súa composición, resistencia á tensión por axentes bióticos e abióticos, en particular á seca, ás malas herbas e aos axentes patóxenos.

• Estudo da ecoloxía e bioloxía de pragas e enfermidades, malas herbas e outros axentes patóxenos, co obxectivo de desenvolver técnicas e ferramentas de manexo sustentable en sanidade vexetal.

• Mellora dos métodos de monitorización, preservación e mellora da fertilidade do solo.

• Mellora da competitividade e sustentabilidade dos cultivos de cereais e leguminosas (gran e forraxe) para a alimentación humana e animal. Mellora xenética varietal do rendemento, plasticidade, resistencia e calidade das proteínas, a partir da explotación dos recursos xenéticos autóctonos.

• Desenvolvemento e explotación dos bancos de xenes para a mellora da competitividade e sustentabilidade dos sistemas de produción agraria.

• Mellora e extensión de métodos de seguimento e control de patoloxías parasitarias e infecciosas nas producións animais extensivas e ecolóxicas e outras ameazas á sustentabilidade e seguridade da produción alimentaria.

c) Cadea agroalimentaria.

• Tecnoloxías para asegurar e mellorar a calidade, a seguridade e a autenticidade na cadea alimentaria.

• Medida da pegada de carbono ao longo dos procesos da cadea alimentaria.

• Uso de marcadores para confirmar a calidade e/ou autenticidade dos alimentos.

d) Bioeconomía.

• Custos de produción dos sistemas de produción agrícola, gandeira e forestal aplicados a situacións con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, incluídas as situadas en zonas menos favorecidas e de montaña.

• Ferramentas e técnicas de investigación socioeconómica e de soporte á toma de decisións en políticas agrarias dirixidas á solución das necesidades da poboación rural e ao seu desenvolvemento sustentable.

• Tecnoloxías para a medición do impacto da investigación agraria en desenvolvemento, sustentabilidade e competitividade da agricultura galega.

• Estudo de métodos e ferramentas para facilitar a transferencia e aplicabilidade dos resultados de proxectos de investigación en innovacións reais dentro do sector agroindustrial galego, dirixidas especialmente tanto a explotacións e cooperativas agrarias, como a pemes agroindustriais, demostrando o potencial de explotación das innovacións e os beneficios económicos e competitivos que se obteñen das innovacións.

e) Aplicación das TIC ao sector.

f) Outras iniciativas enmarcadas dentro da produtividade, sustentabilidade e innovación agrícola e forestal.

2. A duración máxima da iniciativa de cooperación será de tres anualidades e a duración mínima de dúas anualidades.

Artigo 6. Gastos subvencionables

– Poderán subvencionarse os custos directos vinculados aos proxectos aprobados. Así mesmo, serán elixibles os gastos derivados da posta en marcha do proxecto e do funcionamento do grupo operativo durante o tempo necesario para o desenvolvemento das súas funcións vinculadas ao proxecto seleccionado para o seu financiamento ou divulgación de resultados. En particular, gastos de infraestruturas estritamente necesarias para o desenvolvemento dos proxectos, equipamento e material inventariable, gastos de funcionamento, subministración e material funxible, gastos de persoal investigador ou auxiliar, custo de colaboracións externas e outros custos indirectos nas condicións establecidas polo artigo 68 do Regulamento (UE) 1303/2013.

– Tamén serán subvencionables os gastos de funcionamento do grupo operativo directamente ligados coas tarefas de coordinación para a execución do proxecto, así como os custos derivados do seguimento do proxecto, transferencia e difusión dos resultados.

As axudas previstas nesta orde para a implantación e o desenvolvemento de proxectos destinaranse a cubrir os gastos que estean directamente relacionados co orzamento do proxecto para o cal se concederon, e poderán aplicarse aos conceptos que a continuación se detallan.

1. Custos directos:

a) Custo de persoal. Os gastos debidos á imputación de custos de persoal técnico propio que participe no proxecto calcularanse atendendo aos seguintes importes por hora traballada e para cada categoría laboral. Os ditos importes subvencionables serán os que resultan de dividir as cantidades seguintes entre 1.750 horas, cun máximo anual equivalente á suma total establecida para cada categoría:

• Titulado superior: 32.000 euros anuais.

• Titulado medio: 27.000 euros anuais.

• Técnico de FP de grao superior: 22.000 euros anuais.

• Categorías laborais distintas das anteriores: 18.000 euros anuais.

b) Custo de execución. Serán subvencionables os gastos debidamente xustificados encadrados nas seguintes categorías:

1º. Material inventariable:

– Adquisición de equipamento estritamente necesario para a realización da actuación, na medida e durante o período en que se dedique ao proxecto en cuestión, e que estean debidamente xustificados. Se o material inventariable se vai poder utilizar despois do remate do proxecto, só se considerarán subvencionables os custos de amortización que correspondan á duración do proxecto, calculados mediante o método lineal e considerando un nulo valor residual do referido material. No caso de adquisición de equipamentos de segunda man, deberán respectarse as condicións do artigo 13, letra b), do Regulamento delegado (UE) 807/2014, e ademais achegar certificado do taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial.

– Adquisición de fondos bibliográficos relacionados coa actividade.

2º. Adecuación ou mellora de infraestruturas e equipamento.

3º. Servizos tecnolóxicos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto, debidamente xustificados. Entenderase por servizos tecnolóxicos aquelas actividades, diferentes á acción de cooperación proposta, que deban ser puntualmente prestadas por outra entidade para que o proxecto poida ser desenvolvido, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias e consultorías externas. Non se admitirán servizos tecnolóxicos externos realizados por empresas ou sociedades pertencentes ao mesmo grupo empresarial de calquera dos membros do grupo operativo. As actividades que vai desenvolver cada un dos membros do grupo operativo na iniciativa de cooperación non se considerará como un servizo tecnolóxico externo.

4º. Material funxible: adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

5º. Viaxes e axudas de custo relacionadas coa execución do proxecto, debidamente xustificadas, nas contías establecidas pola normativa vixente que regula as indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia (Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e Resolución do 29 de decembro de 2005, da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ou normativa que a substitúa).

6º. Gastos relacionados coa organización de xornadas ou edición de material de difusión (publicacións, webs, asistencia a congresos ou feiras e visitas recibidas con relación ao proxecto).

7º. Custos derivados do alugamento de equipamentos, instalacións ou predios destinados á realización das actuacións.

8º. Custos derivados da divulgación e transferencia de resultados, así como aqueles relativos á protección dos resultados (rexistro de patentes incluído).

9º. Gastos derivados da contratación dun axente de innovación. Non se admitirán estes gastos se son realizados por empresas ou sociedades pertencentes ao mesmo grupo empresarial de calquera dos membros do grupo operativo.

2. Custos indirectos. En aplicación do previsto no artigo 68.1.b) do Regulamento UE 1303/2013, o custo subvencionable para este concepto será o resultante de aplicar a porcentaxe do 15 % sobre o importe dos custos directos de persoal imputados ao proxecto segundo a solicitude presentada.

3. Colaboracións dos socios do grupo operativo indicados no número 3 do artigo 3 desta orde. O custo da colaboración poderá incluír calquera dos conceptos sinalados no punto 1 deste mesmo artigo. A documentación acreditativa do gasto e pagamento será exixible aos gastos de persoal, respecto dos que, ademais da certificación e dos partes de traballo, deberá xuntarse ao expediente a documentación correspondente (nóminas, xustificante de pagamento das retribucións, dos gastos da SS, da retención do IRPF, etc.).

Non se admitirán colaboracións externas realizadas por empresas ou sociedades pertencentes ao mesmo grupo empresarial que calquera dos membros do grupo operativo.

4. Non será subvencionable ningún gasto correspondente a actuacións ou actividades anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.

5. O IVE só será subvencionable no caso de que sexa real e definitivamente soportado polo beneficiario e, polo tanto, non recuperable. Será preciso comprobar a xustificación por parte dos beneficiarios da non suxeición ou exención do imposto emitida pola AEAT mediante a presentación da documentación oportuna.

6. En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos á investigación básica ou fundamental nin os relativos á investigación independente.

7. Non serán subvencionables proxectos de procesos de transformación nin de industrias agroalimentarias.

Artigo 7. Contía das axudas

A determinación da contía das axudas realizarase en función do número de solicitudes presentadas e da dispoñibilidade orzamentaria, de acordo cos criterios de priorización que se establecen no artigo 16.

As axudas á execución de proxectos de grupos operativos da AEI serán do 100% dos custos subvencionables, establecéndose un importe máximo por solicitude de 100.000 euros e un importe mínimo por solicitude de 12.000 euros.

A contía máxima subvencionada en cada iniciativa de cooperación será de 100.000 euros. A contía máxima por beneficiario non poderá exceder os 100.000 euros para proxectos de tres anualidades.

Os proxectos poderán desenvolverse como máximo ao longo de tres anualidades contadas a partir da anualidade 2017 e poderán ter unha duración inferior sempre e cando sexa así formulado na solicitude de axuda.

No anexo I desta orde deberán especificarse os orzamentos propostos para cada anualidade durante a cal se desenvolverá o proxecto. Os orzamentos do proxecto por anualidades seguirán a seguinte repartición en relación co orzamento total do proxecto: primeira anualidade, como máximo un 10 %, segunda anualidade, como máximo un 60% e terceira anualidade, a porcentaxe restante ata chegar ao 100 %. Esta repartición non se refire aos orzamentos de cada beneficiario, que farán a distribución dos seus orzamentos consonte a execución das súas tarefas no proxecto que teñan asignadas e que se reflectirán na memoria científico-técnica do proxecto.

Para proxectos de dúas anualidades a contía máxima será de 100.000 euros repartidos cun máximo do 15 % na primeira anualidade, e o orzamento restante na segunda anualidade.

Artigo 8. Financiamento das axudas

1. O financiamento das iniciativas de cooperación seleccionadas ao abeiro desta convocatoria imputarase á aplicación orzamentaria 13.02.561A.770.0, con código do proxecto 201600417, por un valor total de 1.773.272,00 euros, distribuídos nas seguintes anualidades: 177.327,00 euros en 2017, 975.300,00 euros en 2018 e 620.645,00 euros na anualidade 2019.

2. Poderanse utilizar outros remanentes que poidan existir doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos na mesma aplicación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. A dita aplicación orzamentaria poderá ser incrementada con fondos adicionais comunitarios, estatais e da Comunidade Autónoma de Galicia. O incremento do crédito queda condicionado á declaración da súa dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas, logo aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

3. As axudas están financiadas con fondos Feader nun 75 %, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22,5 % e con fondos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente nun 2,5 %.

Artigo 9. Aplicación da normativa comunitaria sobre axudas públicas

As axudas a proxectos relativos a operacións non reguladas polo artigo 36 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, é dicir, aquelas nas cales o produto final non estea incluído no anexo I do Tratado, concederanse ao amparo do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1). Neste caso, o importe total das axudas de minimis que poderán recibir as entidades solicitantes non superará o importe de 200.000 € nun período de tres anos. Para comprobar o cumprimento deste requisito, os solicitantes incluídos neste suposto deberán presentar unha declaración sobre as axudas de minimis percibidas nos tres últimos anos fiscais no momento de presentar a solicitude e cando se solicite o pagamento da axuda, tal e como se indica nos artigos 13 e 21, respectivamente, da presente orde.

Artigo 10. Compatibilidade das axudas

As axudas reguladas por esta orde serán compatibles con calquera outra axuda que, co mesmo fin, concedan outras administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, sen prexuízo do establecido, en relación coa concorrencia doutras axudas amparadas no réxime de minimis e en relación coa incompatibilidade desta axuda con calquera outra cofinanciada con fondos europeos do Feader, artigo 59.8, do Regulamento (UE) nº 1305/2013, sen que en ningún caso o importe das axudas acumuladas poida superar o custo total do proxecto.

Artigo 11. Órgano responsable da tramitación

O órgano responsable da instrución dos expedientes das axudas previstas nesta orde será a Subdirección Xeral de Formación e Innovación Agroforestal.

Artigo 12. Obriga de relacionarse electronicamente

Nos termos previstos no artigo 14.2 da Lei 39/2015, as persoas xurídicas están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas.

No caso de persoas físicas, a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración fundaméntase no artigo 14.3 da Lei 39/2015, en relación co artigo 31.2 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación.

Tendo en conta o anterior, tanto a presentación das solicitudes de axuda como os demais trámites necesarios para a xestión deste procedemento administrativo, incluídos os requirimentos de emenda e as notificacións, faranse a través de medios electrónicos, nos termos previstos nestas bases reguladoras .

Artigo 13. Presentación das solicitudes

1. As solicitudes estarán dirixidas á Dirección Xeral de Ordenación Forestal e presentaraas a entidade solicitante, que debe cumprir o disposto nos artigos 3 e 4 da presente orde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas teñan que realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A través da carpeta do cidadán, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, os interesados poderán relacionarse coa Administración competente e realizar os trámites necesarios para a tramitación do procedemento, consultar o seu estado de tramitación e coñecer os actos de trámite realizados con indicación do seu contido, así como a data en que foron ditados.

Artigo 14. Reformulación das solicitudes

Cando o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior ao que figura na solicitude presentada, poderase instar o beneficiario a que reformule a súa solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención outorgable.

Unha vez que a solicitude, de ser o caso, teña a conformidade da comisión de valoración, remitiráselle o actuado ao órgano competente para que dite resolución.

En calquera caso a reformulación das solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos na presentes bases reguladoras.

Artigo 15. Documentación complementaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Declaración en que se fagan constar as axudas obtidas pola entidade solicitante, as que estean en fase de solicitude e as que se teña previsto solicitar de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, en relación co proxecto (anexo I), e declaración en que se fagan constar as axudas obtidas polas restantes entidades beneficiarias participantes no grupo operativo, as que estean en fase de solicitude e as que se teña previsto solicitar de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, en relación co proxecto (anexo II).

b) No caso de solicitar axuda para a realización de proxectos relativos a operacións non reguladas polo artigo 36 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, é dicir, aquelas nas cales o produto final non estea incluído no anexo I do dito Tratado (véxase anexo 1 da presente orde), deberase presentar unha declaración sobre as axudas de minimis percibidas nos tres últimos anos fiscais por parte da entidade solicitante (anexo I), e por parte de cada unha das restantes entidades beneficiarias (anexo II).

c) Declaración do responsable do solicitante de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención da condición de beneficiario de subvencións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo I), e declaración dos responsables das restantes entidades beneficiarias de non estar incursas en ningunha das prohibicións para a obtención da condición de beneficiario de subvencións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo II).

d) Memoria cega do proxecto na que se fará, segundo os puntos do anexo III, a descrición do proxecto, diagnose da situación, necesidade detectada, obxectivos, resultados esperados, impacto e relevancia deste e a súa contribución ao obxectivo da AEI. Ademais, sinalaranse as áreas prioritarias de actuación en que se encadra a iniciativa de cooperación. Nesta memoria non se poderá pór ningún nome propio ou dato identificativo do persoal nin das entidades participantes; o feito de non cumprir esta condición será causa de inadmisión da solicitude (anexo III).

e) Relación do persoal participante no proxecto, coas sinaturas dos participantes e unha estimación das horas de dedicación ao proxecto (anexo IV).

f) Certificación do responsable de persoal de cada membro do grupo operativo en que se indique o curriculum vitae dos integrantes do equipo adaptado segundo o recollido na letra b) do artigo 17.1 (anexo IV).

g) Curriculum vitae de todos os membros de cada entidade participantes na acción de cooperación, que recolle os criterios da letra b) do artigo 17.1 desta orde anexo V/anexo VI, segundo proceda).

h) Memoria científico-técnica para todas as actividades dos membros do grupo operativo participantes na acción de cooperación (anexo VII), en que conste:

1º. Un resumo do proxecto que inclúa a descrición da contribución ao obxectivo da AEI de potenciar a produtividade e a xestión sustentable dos recursos.

2º. Unha introdución en que se presente a situación actual do tema en que se vai traballar na iniciativa de cooperación e xustificación da execución da acción e o proxecto que se propón.

3º. Obxectivos do proxecto.

4º. Metodoloxía usada no proxecto.

5º. Plan de traballo en que se inclúan as actividades que vai realizar cada unha das partes que colaboran e o seu desenvolvemento temporal, e cronograma que cómpre desenvolver no tempo de execución do proxecto, onde se establecerán os obxectivos finais que se deberán conseguir.

6º. Plan de divulgación dos resultados, que se fará polas vías que considere oportunas o grupo operativo e obrigatoriamente a través da rede da Axencia Europea da Innovación (AEI).

7º. Referencias bibliográficas utilizadas na redacción do proxecto.

8º. Beneficios que poidan derivar do proxecto, dende o punto de vista da súa repercusión económica, social e tecnolóxica.

9º. Orzamentos do custo total do proxecto e o correspondente a cada unha das entidades beneficiarias do grupo operativo que colaboran neste, especificando a contía subvencionable de cada parte, con detalle dos diferentes conceptos de gasto especificados no artigo 6 desta orde. No caso de incluír no orzamento material inventariable ou prestación de servizos tecnolóxicos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o sistema que se empregará para a moderación dos custos propostos polas entidades na solicitude da axuda será a comparación de ofertas diferentes. Para tal fin, os solicitantes das axudas deberán achegar coa solicitude tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. Cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, os solicitantes achegarán unha memoria xustificativa.

i) Xustificación detallada do custo da participación no proxecto de cada unha das entidades beneficiarias participantes no proxecto (anexo VIII).

j) Convenio ou acordo de colaboración, que reflicta a relación e compromisos entre os membros do grupo operativo, asinado polos seus correspondentes representantes.

k) Documentación acreditativa da representatividade suficiente para asinar a solicitude.

l) Documentación acreditativa da representatividade suficiente para asinar o convenio de colaboración de cada membro do grupo operativo.

m) Copia dos estatutos fundacionais de cada un dos membros do grupo operativo beneficiarios da axuda, onde aparezan recollidos os seus obxectos sociais.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Non obstante o disposto no número 1 deste artigo, a presentación da seguinte documentación considerarase mínima imprescindible para a tramitación das solicitudes:

a) Solicitude da axuda cos datos identificativos da iniciativa do proxecto e das entidades participantes (anexo I).

b) Datos, declaracións e consentimentos das entidades beneficiarias (anexo II).

c) Memoria cega do proxecto en que se fará, segundo os puntos do anexo, a descrición do proxecto, diagnose da situación, necesidade detectada, obxectivos, resultados esperados, impacto e relevancia deste e a súa contribución ao obxectivo da AEI. Ademais sinalaranse as áreas prioritarias de actuación en que se encadra a iniciativa de cooperación. Nesta memoria non se poderá por ningún nome propio ou dato identificativo do persoal nin das entidades participantes; o feito de non cumprir esta condición será causa de inadmisión da solicitude (anexo III).

d) Relación do persoal participante no proxecto, coas sinaturas dos participantes e unha estimación das horas de dedicación ao proxecto (anexo IV).

e) Certificación do responsable de persoal de cada membro do grupo operativo que indique o curriculum vitae dos integrantes do equipo adaptado segundo o recollido na letra b) do artigo 17.1 (anexo IV).

f) Curriculum vitae de todos os membros de cada entidade participantes na acción de cooperación, que recolle os criterios da letra b) do artigo 17.1 desta orde anexo V/anexo VI, segundo proceda).

g) Memoria científico técnica con todos os seus puntos cubertos, na cal se describan todas as actividades dos membros do grupo operativo na acción de cooperación (anexo VII).

h) Xustificación detallada do custo da participación no proxecto de cada unha das entidades beneficiarias participantes no proxecto (anexo VIII).

i) Copia dos estatutos fundacionais de cada un dos membros do grupo operativo, nos cales aparezan recollidos os seus obxectos sociais.

Non serán admitidas aquelas solicitudes en que se aprecie ausencia desta información, e nestes casos emitirase resolución de inadmisión.

6. No suposto de que a solicitude, no referente á documentación non incluída no punto 5 deste artigo, non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase o solicitante para que nun prazo de dez días hábiles, que comezará a contar o día seguinte ao de acceso ao requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se non o fixese, se considerará que desiste da súa petición, e arquivaranse as actuacións despois da notificación da resolución en tal sentido, de acordo co establecido nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 16. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI, cando se trate dun empresario individual.

b) NIF, se se trata dunha persoa xurídica.

c) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificación de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificación de estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I e anexo II, segundo proceda, e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 17. Avaliación das solicitudes

1. Para a avaliación das solicitudes presentadas teranse en conta os seguintes criterios de puntuación:

a) Membros dos grupos operativos cooperantes e obxecto da acción (valoración máxima 105 puntos):

1º. Proxectos de cooperación que se desenvolvan en colaboración cos centros de investigación e/ou centros tecnolóxicos públicos, en función da porcentaxe que supoña o custo das actividades desenvolvidas por estes centros sobre o custo total da iniciativa de cooperación.

1º.1. Porcentaxe = 15 % (1 punto).

1º.2. Porcentaxe > 15 % e ≤ 17 % (4 puntos)

1º.3. Porcentaxe > 17 % e ≤ 19 % (6 puntos)

1º.4. Porcentaxe > 19 % e ≤ 21 % (8 puntos).

1º.5. Porcentaxe > 21 % e ≤ 23 % (10 puntos).

1º.6. Porcentaxe > 23 % e ≤ 25 % (14 puntos).

1º.7. Porcentaxe > 25 % (20 puntos).

2º. Proxectos en que participen directamente os consellos reguladores (7 puntos).

3º. Proxectos en que participen directamente as cooperativas ou asociacións agrogandeiras e/ou forestais legalmente constituídas (3 puntos por cooperativa ou asociación participante ata un máximo de 12 puntos).

4º. Proxectos en que participen varios centros de investigación e/ou centros tecnolóxicos públicos.

4º.1. Participación de 2 centros públicos (15 puntos).

4º.2. Participacións de 3 ou máis centros públicos (25 puntos).

5º. Proxectos en que participan directamente produtores primarios (15 puntos).

6º. Proxectos que impliquen a mobilización e utilización directa de terras (11 puntos).

7º. Proxectos que promovan directamente a conservación e melloras ambientais (10 puntos):

7º.1. Medidas de conservación (5 puntos).

7º.2. Medidas de mellora (5 puntos).

8º. Proxectos correspondentes á área da produción de enerxías renovables de orixe agroforestal (5 puntos).

b) Calidade técnica da proposta (valoración máxima 200 puntos):

1º. Calidade técnica dos membros do centro de investigación ou centro tecnolóxico participantes na acción de cooperación (ata 80 puntos):

A composición do equipo deberá ser a idónea para a execución do proxecto e estará en consonancia co seu desenvolvemento. Este feito deberá ser xustificado co perfil profesional de cada compoñente e as horas dedicación a este.

No anexo III deberá reflectirse o CV dos membros do equipo que se vai valorar segundo os criterios desta epígrafe, cubrindo a relación que corresponda segundo a natureza da entidade.

1.1. Por membro con titulación de doutor (5 puntos, ata un máximo de 25 puntos).

1.2. Por membro con titulación universitaria superior ou equivalente (2 puntos, ata un máximo de 10 puntos).

1.3. Por membro con titulación universitaria media ou equivalente (1 punto, ata un máximo de 5 puntos).

1.4. Por membro en formación (1 punto por membro, ata un máximo de 5 puntos).

1.5. Por participación en proxectos I+D+i (1 punto por membro e proxecto, ata un máximo de 20 puntos).

1.6. Por experiencia nos temas que se van tratar (1 punto por proxecto de temática similar, ata un máximo de 15 puntos).

2º. Calidade técnica dos membros do grupo operativo participantes na acción de cooperación (ata 80 puntos):

A composición do equipo deberán ser a idónea para a execución do proxecto e estará en consonancia co seu desenvolvemento. Este feito deberá ser xustificado co perfil profesional de cada compoñente e as horas de dedicación a este.

No anexo III deberá reflectirse o CV dos membros do equipo que se vai valorar segundo os criterios desta epígrafe.

2.1. Por membro con titulación universitaria relacionada co proxecto (5 puntos, ata un máximo de 25 puntos).

2.2. Por participación activa en proxectos de I+D+i (1 punto por membro e proxecto, ata un máximo de 20 puntos).

2.3. Por participación activa en accións de transferencia tecnolóxica (1 punto por acción e membro, ata un máximo de 20 puntos).

2.4. Participación en proxectos de I+D+I no sector agrario ou forestal e/ou experiencia temática na iniciativa do proxecto das entidades participantes no grupo operativo (1 punto por proxecto ou experiencia e entidade, ata un máximo de 15 puntos).

3º. Formulación do proxecto (ata un máximo de 20 puntos):

3.1. Claros. Obxectivos e fitos claros e específicos (5 puntos).

3.2. Medibles. Fins e beneficios cuantificables (5 puntos).

3.3. Realizables. Cronograma do proxecto ben estruturado e pautado (5 puntos).

3.4. Realistas. Pódese acadar o/s obxectivo/s cos recursos e capacidades á disposición do GO (5 puntos).

Para poder ser seleccionado, o proxecto deberá obter un mínimo de 15 puntos nesta epígrafe.

4º. Usuarios potenciais da innovación proposta (ata un máximo de 20 puntos):

4.1. Unha área ou sector produtivo/económico (5 puntos).

4.2. Dúas áreas ou sector produtivo/económico (10 puntos).

4.3. Tres áreas ou sector produtivo/económico (15 puntos).

4.4. Catro ou máis áreas ou sector produtivo/económico (20 puntos).

c) Impacto previsto da acción de cooperación (valoración máxima 90 puntos):

1º. Conservación e mellora do medio (10 puntos).

2º. Revalorización dos produtos agrarios e forestais (15 puntos).

3º. Redución do consumo e da dependencia enerxética (10 puntos).

4º. Redución dos custos de produción (15 puntos).

5º. Impacto do proxecto na produtividade e sustentabilidade (20 puntos).

6º. Solicitude presentada por unha entidade que teña a súa sede social nun dos concellos das zonas desfavorecidas definidas na medida 13 do PDR 2014-2020 (20 puntos).

d) Plan de divulgación (valoración máxima 15 puntos).

1º. Ámbito ou alcance do Plan de divulgación (ata un máximo de 15 puntos):

1.1. Autonómico (5 puntos).

1.2. Autonómico e estatal (10 puntos).

1.3. Autonómico, estatal e europeo (15 puntos).

A puntuación total de cada unha das solicitudes presentadas será a suma das diversas puntuacións obtidas nesta epígrafe.

As solicitudes para poder ter acceso á axuda deberán alcanzar un limiar mínimo de 123 puntos. Corresponderá á valoración da calidade técnica da proposta e ao grao de innovación, no punto 3 na letra b) desta epígrafe, unha puntuación mínima conxunta de 15 puntos. As solicitudes ordenaranse en orde decrecente segundo a puntuación obtida na valoración. No caso de empate, resolverase segundo as solicitudes obtivesen unha maior puntuación nos criterios e orde seguintes:

1. Impacto previsto da acción de cooperación.

2. Calidade do proxecto proposto.

3. Composición do grupo operativo.

Artigo 18. Resolución e notificacións

1. A resolución da concesión das axudas corresponderalle ao director xeral de Ordenación Forestal, por delegación da conselleira do Medio Rural, logo da avaliación das solicitudes por unha comisión. A dita avaliación conterá unha relación priorizada dos proxectos que se propoñen para ser financiados co seu correspondente orzamento, acompañada dunha relación dos proxectos avaliados positivamente en lista de espera e da relación dos proxectos que se consideran non financiables.

1.1. A avaliación das solicitudes e a determinación da contía da axuda serán realizadas por unha comisión. Para avaliar as solicitudes a comisión aplicará os criterios expostos no artigo 17. A comisión só terá en consideración aquela documentación susceptible de valoración que sexa presentada no momento da solicitude. Para determinar a contía da axuda a cada beneficiario, a comisión aplicará a metodoloxía que se recolle no artigo 7 desta orde. A dita comisión actuará como un órgano colexiado constituído polos seguintes membros:

a) Presidente: a subdirectora xeral de Formación e Innovación Agroforestal, ou a persoa en que delegue.

b) Secretario: un funcionario da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, nomeado polo director xeral, que actuará con voz e voto.

c) Vogais: tres funcionarios nomeados, dous da Consellería do Medio Rural e un terceiro vogal da Axencia Galega de Innovación, por proposta do/da director/a da Axencia, que serán nomeados polo mesmo director xeral de Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural.

A comisión de avaliación poderá solicitar a colaboración de expertos científico-técnicos externos, de recoñecida experiencia nas áreas correspondentes ás propostas presentadas, co fin de informar da idoneidade dos respectivos proxectos solicitados.

2. A resolución deberá ser notificada aos beneficiarios de forma individualizada, de acordo co previsto nos artigos 40 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A dita notificación deberá informar os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader e que se enmarca dentro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, medida 16, submedida 16.12.

2.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2.2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

2.3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

2.4. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro da presente convocatoria será de catro meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación da mesma. De non mediar resolución expresa no devandito prazo, as solicitudes poderán entenderse desestimadas.

4. A Dirección Xeral de Ordenación Forestal poderá solicitar calquera aclaración ou documento que considere necesario para a correcta tramitación do expediente.

5. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Para eses efectos, a presentación da solicitude de axuda implica a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións acreditativas correspondentes da Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda. Cando o solicitante denegue expresamente o seu consentimento, deberá presentar a certificación nos termos previstos no artigo 20.3 da Lei de subvencións.

6. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

7. No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 19. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Poderase acordar a modificación da concesión por instancia do beneficiario, sempre que se presente a solicitude de modificación con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación das actividades obxecto de subvención, que nestas axudas coincide co prazo para a súa realización, e se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo director xeral de Ordenación Forestal por delegación da conselleira do Medio Rural, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se lle dará audiencia ao interesado.

Artigo 20. Aceptación e renuncia

Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, o interesado comunicará expresamente a súa aceptación ou renuncia á subvención transcorridos dez días hábiles desde a súa notificación. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o director xeral de Ordenación Forestal, por delegación da conselleira, ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1 da mesma lei.

Artigo 21. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do capítulo III do título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:

1. Reintegrar as cantidades percibidas coa subvención, xunto cos xuros de demora, calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

2. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas cos fondos do Feader, os beneficiarios deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Regulamento (UE) nº 809/2014.

3. Proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013.

4. Os beneficiarios deberán levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas á acción de cooperación subvencionada.

5. En todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

a) O emblema da Unión.

b) Unha referencia á axuda do Feader.

Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader, da seguinte forma:

a) Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión Europea

b) No caso de operacións non comprendidas no punto a (obras de infraestruturas ou construción que se beneficien dunha axuda pública total de importe superior a 500.000 euros), atenderase ás seguintes obrigas:

As operacións que reciban unha axuda pública total superior a 10.000 euros, en función da operación financiada, colocarán, polo menos, un panel coa información sobre a operación (de tamaño mínimo A3), onde se destaque a axuda financeira recibida pola Unión Europea, nun lugar visible para o público.

Cando a operación no marco dun PDR dea lugar a un investimento que reciba unha axuda pública total superior a 50.0000 euros, o beneficiario colocará unha placa explicativa coa información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión (anexo 2 desta orde).

Os carteis, paneis ou placas e sitos web levarán unha descrición do proxecto ou da operación e dos elementos descritos anteriormente. Esta información ocupará, como mínimo, o 25 % do cartel, da placa ou da páxina web.

Artigo 22. Pagamento das subvencións

1. A entidade solicitante centralizará toda a información financeira e xustificativa do proxecto e será a encargada da presentación da xustificación da execución do proxecto ante a Dirección Xeral de Ordenación Forestal.

2. As entidades beneficiarias deberán xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, coa data límite do 31 de outubro nas anualidades 2017, 2018 e 2019, salvo casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor de acordo co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario.

A documentación correspondente á xustificación do investimento presentarase igualmente de forma electrónica.

3. As solicitudes de pagamento presentaranse acompañadas dos seguintes documentos:

a) Un resumo da execución da subvención en que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe (co IVE excluído e desagregado) e a data de cada un dos xustificantes agrupados por entidade participante e por conceptos de gastos (anexo IX, modelo B).

b) Documentación acreditativa da realización dos gastos correspondentes ás actividades subvencionadas, que consistirá nas facturas e os seus correspondentes xustificantes de pagamento mediante transferencia bancaria. A expedición das facturas e o seu contido axustaranse ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento das obrigas de facturación.

Os xustificantes de pagamento obtidos a través da banca electrónica deberán estar validados co selo da entidade bancaria correspondente.

Considérase admisible o pagamento en metálico nos seguintes supostos e condicións:

1º. Con carácter excepcional, admitiranse pagamentos en metálico cando o seu importe, individual ou en conxunto por provedor, non supere os 1.000 euros; neste caso o pagamento xustificarase mediante certificación expresa, asinada, datada e cuñada polo provedor, na cal se faga constar a recepción do importe facturado e o medio de pagamento empregado, así como o compromiso do provedor de someterse ás actuacións de control e comprobación na súa contabilidade da realidade do pagamento. Esta certificación xuntaráselle á factura preceptiva.

2º. Para gastos de escasa contía que non superen os 300 euros, admitirase como xustificante de pagamento a factura asinada e selada polo provedor en que figure a expresión «recibín en metálico».

3º. As excepcións recollidas nos puntos anteriores non serán aplicables aos pagamentos efectuados directamente pola Administración a provedores, que deberán xustificarse mediante a achega dalgún dos documentos indicados na alínea b) deste punto.

c) De acordo co establecido no artigo 24 do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas axudas ao desenvolvemento rural, os controis administrativos das solicitudes de axuda incluirán, entre outras cousas, a moderación dos custos propostos, que se avaliará mediante un sistema adecuado de avaliación. O sistema que se empregará para a moderación dos custos propostos polos beneficiarios na xustificación da axuda será a comparación de ofertas diferentes. Para tal fin, os beneficiarios das axudas deberán achegar coa xustificación:

1º. Tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

2º. Unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Pola diversidade dos gastos subvencionables nestas axudas e polo seu carácter innovador, e naqueles casos de custos de pouca contía, poderase substituír o sistema de comparación de ofertas diferentes pola referencia a prezos de mercado ou a bases de datos de prezos.

Malia o anterior, segundo o recollido no artigo 30.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o órgano xestor poderá comprobar en calquera dos tres sistemas de moderación o valor de mercado dos gastos.

d) No caso de custo de persoal con destino específico ao proxecto, deberá achegarse:

1º. Certificación emitida polo responsable de persoal co visto e prace do xerente ou director da empresa, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ao proxecto, que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome e apelidos, posto na empresa, retribución bruta mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á empresa e custo proporcional imputado ao proxecto (retribucións + Seguridade Social), segundo as horas dedicadas por cada traballador mensualmente ao proxecto (anexo IX, modelo C e anexo IX, modelo D).

2.º Nóminas, así como do xustificante de pagamento (transferencias bancarias), TC1 e TC2 e ingreso do imposto sobre a renda das persoas físicas (modelo 111).

e) No caso de gastos de viaxes e axudas de custo relacionadas coa execución do proxecto deberá achegarse unha certificación das viaxes realizadas, xunto coa documentación acreditativa da realización do gasto (anexo IX, modelo E).

f) Certificación expedida pola entidade bancaria en que se sinale o número de conta do beneficiario onde se deba realizar o pagamento.

g) No caso de proxectos plurianuais con importe superior a 18.000 euros, constituirase unha garantía mediante seguro de caución prestado pola entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación previsto nas bases reguladoras ou na convocatoria.

A garantía deberá cubrir o 110 % do importe das cantidades aboadas á conta ou das cantidades anticipadas, calquera que sexa o prazo de xustificación previsto na convocatoria. Para o pago final da última anualidade non é necesaria a presentación da dita garantía.

h) No caso dos gastos dos centros públicos de investigación e centros tecnolóxicos que colaboran coa entidade solicitante, será suficiente para xustificar o gasto a emisión dunha única factura onde se reflictan os diferentes conceptos de gasto, debidamente conformada polo responsable da xestión económica e do persoal do centro. Todo iso sen prexuízo da obriga de dispoñer dos correspondentes xustificantes orixinais de execución do gasto, de acordo co especificado nas alíneas a) á e) do presente artigo no momento de emisión da factura, para os efectos de calquera comprobación ou auditoría.

Todos os datos incluídos nos dous documentos anteriores, agás cando explicitamente se indique, formarán parte dunha base de datos, serán confidenciais e non se poderá facer uso deles salvo autorización expresa dos seus propietarios.

i) Presentarase anualmente un informe parcial dos resultados, en formato normalizado, no cal se reflectirán os datos do nivel de execución do proxecto (anexo IX, modelo F).

j) Cando se trate da última anualidade achegarase, ademais dun informe final de resultados en formato normalizado (anexo IX, modelo G), unha memoria en formato libre en que se detallará o desenvolvemento científico-técnico do proxecto, así como os resultados obtidos.

4. Segundo o recollido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente, para os efectos previstos neste capítulo. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que conforme a lei correspondan.

Cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada polo beneficiario, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez días para a súa corrección, de acordo co artigo 46.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Para efectuar o pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución (anexo IX, modelo H). Así mesmo, cando a axuda fose concedida para a realización de proxectos relativos a operacións non reguladas polo artigo 36 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, é dicir, aquelas nas cales o produto final non estea incluído no anexo I do dito Tratado, deberase presentar unha declaración complementaria sobre as axudas de minimis percibidas nos tres últimos anos fiscais pola entidade beneficiaria (anexo IX, modelo I).

6. Segundo o recollido nos artigos 31.5, 33.2 e 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o cumprimento polo beneficiario se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos compromisos adquiridos coa aceptación da axuda, a cantidade desta que finalmente teña que percibir o beneficiario ou, se é o caso, o importe que vai a reintegrar, virá determinada pola aplicación dos criterios de graduación, que deberán responder ao principio de proporcionalidade.

Artigo 23. Control

1. A Consellería do Medio Rural realizará as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do Regulamento (UE) nº 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014. Ademais do seguimento baseado nos informes finais recibidos, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal poderá facer un seguimento técnico do proxecto mediante a presenza in situ do persoal técnico nomeado para este fin. O seguimento poderá avaliar o grao de cumprimento das accións propostas, así como o plan de traballo previsto en cada etapa do proxecto e os datos e resultados derivados do proxecto.

2. Os controis administrativos da solicitude de pagamento incluirán necesariamente as seguintes comprobacións:

a) A acción finalizada en comparación coa operación para a cal se presentou a solicitude e se concedeu a axuda.

b) Os custos contraídos e os gastos realizados.

3. A entidade beneficiaria someterase aos procedementos de comprobación e control financeiro das accións de cooperación subvencionadas por parte da Consellería do Medio Rural, do órgano pagador do Feader, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Consello de Contas, do Tribunal de Contas e das instancias comunitarias de control.

4. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde o referido ao réxime de controis, reducións e exclusións reguladas no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de desenvolvemento rural.

A contía da subvención que se pagará calcularase con base no que resulte subvencionable durante os controis administrativos da xustificación e da solicitude de pagamento presentada polo beneficiario.

O organismo competente examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes subvencionables de acordo co seguinte:

a) O importe que pode concederse ao beneficiario en función exclusivamente da solicitude de pagamento.

b) O importe que pode concederse ao beneficiario tras os controis da solicitude de pagamento.

Se o importe establecido en virtude da letra a) supera o importe establecido en virtude da letra b) en máis dun 10 %, aplicarase unha sanción ao importe establecido en virtude da letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre os dous importes citados, pero non irá máis alá da retirada total da axuda.

Non obstante, non se aplicará ningunha sanción se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe non subvencionable.

Artigo 24. Recursos

1. A convocatoria desta axuda, as súas bases e todos cantos actos administrativos deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta orde porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 25. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas nesta orde ou dos obxectivos da actividade subvencionada, a non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención, a obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen, o incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, a duplicidade de axudas con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais do Estado ou de calquera outra administración pública, así como as demais circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, constituirán causas determinantes de reintegro da subvención polo beneficiario, xunto cos xuros de demora.

2. Aos beneficiarios das subvencións seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previstos na citada Lei 9/2007.

3. En caso de pagamento indebido, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se lle engadirán, de ser o caso, os xuros calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de sesenta días, e a data de reembolso ou dedución.

Artigo 26. Consentimentos e autorizacións

1. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, caso en que deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

Artigo 27. Transparencia e bo goberno

1. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

2. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia

Artigo 28. Lexislación de aplicación

En todo o non previsto nesta orde observarase o sinalado na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Feader, e nos regulamentos (UE) 809/2014, (CE) 1303/2013 e (UE) 807/2014.

Artigo 29. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano s/n 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.gal

Disposición adicional primeira. Marco programático da orde

As axudas reguladas na presente orde forman parte do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, polo que a presente convocatoria e as súas bases deben axustarse ao contido do programa.

Disposición adicional segunda. Formularios

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización dos trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para a aplicación

Autorízase o director xeral de Ordenación Forestal para ditar as instrucións necesarias que permitan a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en efecto

Esta orde producirá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file