Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34573

III. Outras disposicións

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2017 pola que se dispón a publicación do certificado da Secretaría da Comisión da Transparencia relativo a unha delegación de competencia.

María Puy Fraga, secretaria da Comisión da Transparencia de Galicia, órgano adscrito ao Valedor do Pobo na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

CERTIFICA:

Que, con data do 30 de maio de 2017, a Comisión da Transparencia de Galicia acordou en sesión ordinaria, por unanimidade, a aprobación do seguinte acordo:

Delegar na Presidencia as resolucións de inadmisión das reclamacións presentadas no exercicio do dereito de acceso á información pública que sexan extemporáneas, tanto porque son presentadas antes de que transcorra o prazo para resolver polo suxeito ao que se lle solicita, como por tratarse dunha reclamación na que ten transcorrido o prazo para dirixir o recurso ante a comisión.

A prol da máxima transparencia, encárgaselle á Secretaría que proceda a tramitar a publicación da delegación de competencia no DOG.

O que se publica en cumprimento do acordo adoptado.

Para que así conste, asínoo. Santiago de Compostela o 7 de xullo de 2017.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2017

Milagros María Otero Parga
Valedora do Pobo