Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34876

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (407/2012).

Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 407/2012

Sobre outros familia incidentes

Demandante: María Herminia Arce Villa

Procuradora: María Mercedes Pérez Crespo

Avogado: Julio Maceira González

Demandado: Avelar da Costa Coímbra

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de María Herminia Arce Villa fronte a Avelar da Costa Coímbra ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 120

En Vigo o cinco de marzo de dous mil catorce.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 407/2012 sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de María Herminia Arce Villa, representada pola procuradora dos tribunais María Mercedes Pérez Crespo e con asistencia letrada de Julio Maceira González, contra Avelar da Costa Coímbra, declarado en rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Pérez Crespo, en nome e representación de María Herminia Arce Villa, como demandante, contra Avelar da Costa Coímbra, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. Atribúese á Sra. Arce Villa a garda e custodia da filla menor, e a patria potestade será compartida por ambos os dous proxenitores.

Segundo. O Sr. Da Costa Coímbra satisfará en concepto de alimentos a favor da súa filla a cantidade de 500 euros mensuais, que serán ingresados dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para o efecto designe a nai e que será actualizada anualmente conforme a variación do índice de prezos de consumo que indique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Terceiro. Ambos os dous proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere a menor, tendo esta consideración, entre outros, os médicos non cubertos polo sistema sanitario público, e non tendo esa consideración nin os libros ou material escolar, matrícula escolar, comedor, transporte, uniformes ou actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Avelar da Costa Coímbra, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 18 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza