Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34874

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (705/2016).

Divorcio contencioso 705/2016 CL

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Alexandre Vidal da Silva

Procuradora: María Luisa Carpintero Fernández

Avogada: Montserrat Lorenzo Font

Demandada: Liliana Mabel Chulluncuy Cáceres

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Alexandre Vidal da Silva fronte a Liliana Mabel Chulluncuy Cáceres ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 249.

En Vigo o doce de maio de dous mil dezasete.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 705/2016 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante Alexandre Vidal da Silva, representado pola procuradora dos tribunais María Luisa Carpintero Fernández e con asistencia letrada de Montserrat Lorenzo Font, contra Liliana Mabel Chulluncuy Cáceres, declarada en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Carpintero Fernández, en nome e representación de Alexandre Vidal da Silva, contra Liliana Mabel Chulluncuy Cáceres, declarada en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao rexistro civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Liliana Mabel Chulluncuy Cáceres, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 15 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza