Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da redacción da adaptación do proxecto básico e de execución dunha sala de electrofisioloxía no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, cofinanciado nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo específico 9.7.1 (expediente AB-SER3-17-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-17-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: redacción da adaptación do proxecto básico e de execución dunha sala de electrofisioloxía no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (Pontevedra).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45262700-8.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 24, do 3.2.2017, na web do Sergas e Plataforma de contratos de Galicia o 3.2.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria y documentalmente simplificado.

b) Procedemento: aberto multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 216.049,98 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 216.049,98 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 261.420,48 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de xuño de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 19 de xuño de 2017.

c) Contratista: Acciona Construcción, S.A.

d) Importe ou canon máximo de adxudicación. Importe neto: 214.146,69 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 259.117,49 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración están publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017

A directora xeral de Recursos Económicos
Por delegación de sinatura (Resolución do 3.7.2017)
Cristina Enjamio Cabado
Subdirectora xeral de Investimentos