Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, polo procedemento de compra pública precomercial, de servizos de I+D no marco da primeira fase do proxecto Empattics (Empowering Patients for a beTTer Information and improvement of the Communication Systems) cofinanciado pola Unión Europea ao abeiro do programa Horizonte 2020 da Comisión Europea (expediente AB-ACS1-17-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión.

c) Obtención de documentación e información:

I. Dependencia: Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS).

II. Enderezo: avda. Fernando de Casas Novoa, nº 37-1º, San Lázaro.

III. Localidade e código postal: 15707 Santiago de Compostela.

IV. Teléfono: 981 55 51 03.

V. Telefax: 981 56 30 12.

VI. Correo electrónico: acis@sergas.es.

VII. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.acis.sergas.es.

VIII. Enderezo da internet do proxecto Empattics: www.empattics.eu.

d) Número de expediente: AB-ACS1-17-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: constitúe o obxecto do presente contrato a adxudicación do contrato para a primeira fase do proxecto Empattics, unha acción de compra pública precomercial de tecnoloxía innovadora cofinanciada pola Unión Europea, estruturado en tres fases e que conta cun orzamento global de 2.800.000 euros. Lémbrase que como procedemento de compra pública precomercial, para poder participar nas fases 2 e 3 do proxecto Empattics é imprescindible ter participado previamente nas fases precedentes.

Para máis información sobre a estrutura e calendario do proxecto Empattics ver o prego de contratación.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución da primeira fase: cinco meses desde a súa formalización, do 1 de novembro de 2017 ao 31 de marzo de 2018.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 73300000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: procedemento de compra pública precomercial.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de selección: (ver o punto 4 do prego de condicións).

Concepto

Puntuación

Criterios non avaliables de forma automática (sobre B)

0-80

Impacto no desafío

0-18

Funcionalidades das solucións

0-30

Enfoque técnico e calidade da proposta

0-18

Calidade da xestión do proxecto

0-14

Criterios avaliables de forma automática (sobre C)

0-20

Oferta económica

0-20

4. Valor estimado do contrato: 250.000,00 euros, IVE e outros impostos que poidan resultar de aplicación incluídos.

Os licitadores non poderán presentar ofertas superiores a 41.666,67 euros (IVE e outros impostos que poidan resultar de aplicación incluídos).

5. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento con IVE: 250.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver punto 4.3 do prego de condicións.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o día que se sinale no perfil do contratante e na páxina web do proxecto Empattics (dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no suplemento do Diario Oficial de la Unión Europea dedicado á contratación pública europea (TED - Tenders electronic daily).

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil na localidade establecida na cláusula 4.6.1 do prego de condicións, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deben presentar: ver prego de condicións.

c) Lugar de presentación: ver cláusula 4.6.1 do prego de condicións.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver cláusula 4.7.1 do prego de condicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, avda. Fernando de Casas Novoa, nº 37, 1º, San Lázaro.

b) Localidade e código postal: 15707 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a que se estableza no perfil do contratante da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e na páxina web do proxecto Empattics (prevista no caso do sobre A para o décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas, ou o seguinte día hábil no caso de que coincida en sábado, domingo ou festivo).

A apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e na páxina web do proxecto Empattics.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicador.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2017

A Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
P.S. (Decreto 112/2015, do 31 de xullo)
Luis Ángel León Mateos
Director da Área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria