Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35532

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de xullo de 2017 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 13 de xuño de 2017.

Por Orde do 13 de xuño de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 118, do 26 de xuño, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 13 de xuño de 2017 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14, do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel no que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no apartado anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, de seguido, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Datos da funcionaria:

Nome e apelidos: Mª Aránzazu Portabales Santomé.

Número de rexistro de persoal: 5249787535 A207E.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta (escala superior de Finanzas).

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: subdirectora xeral de Fiscalización e Control Interno.

Código do posto: FCC030000115770001.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.