Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35534

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (508/2016).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

«Sentenza nº 18/2017.

O Porriño, 2 de marzo de 2017.

Vistos por min, María Luisa Maquieira Prieto, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra e o seu partido, os presentes autos n° 508/2016, sobre xuízo verbal, seguidos ante este xulgado por instancia da procuradora dos tribunais Elena Salgado Tejido, en nome e representación da Comunidade de Propietarios Barreiro (Salceda de Caselas), asistida polo letrado Sr. Ulfe Bugallo, fronte a Miguel Soutullo Míguez e María Salomé González Covelo, declarados en situación de rebeldía procesual, de reclamación de cantidade.

Resolvo que aceptando integramente a demanda formulada pola procuradora Sra. Salgado Tejido, en nome e representación da Comunidade de Propietarios Barreiro (Salceda de Caselas), fronte a María Salomé González Covelo e Miguel Soutullo Míguez, declarados en rebeldía procesual e, na súa virtude, debo declarar e declaro que procede que a parte demandada lle aboe á demandante a cantidade reclamada por importe de dous mil cincocentos sesenta e un euros con setenta e dous céntimos (2.561,72 euros), cos xuros legais preceptivos, con imposición das custas á demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso de apelación, atendendo á contía do presente procedemento, inferior a 3.000 euros, de conformidade co disposto no artigo 455, ordinal 1° da LAC, na súa redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo e asínoo».

E, como consecuencia do paradoiro ignorado de María Salomé González Covelo e Miguel Soutullo Míguez, expídese o presente edicto para que sirva de notificación da sentenza ditada nas actuacións.

O Porriño, 27 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza