Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Persoal de Administración e Servizos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 2, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2017
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
ANEXO
Interesada: Rosa María González Pérez.
Resolución notificada: resolución ditada nun procedemento tramitado en materia de persoal por instancia da persoa interesada.