De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos/ás interesados/as que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, os/as interesados/as son informados/as de que os expedientes están á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 12 de xullo de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: SAI BT ACTAS 2017/58.
Interesada: Gangas Motor, S.C.
CIF: B70040068.
Acto de notificación: requirimento de documentación.
Concello: Vilasantar.
Expediente: SAI BT ACTAS 2017/33.
Interesado/a: C.P. avenida Fonteculler 16-18.
CIF: H15747512.
Acto de notificación: requirimento de documentación.
Concello: Culleredo.
Expediente: SAI IN 2017/42.
Interesada: E.S. Global Oil Petrolium, S.L.
CIF: B74344284.
Acto de notificación: requirimento de documentación.
Concello: Narón.