Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de construción do centro de recuperación de fauna silvestre de Cotobade, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 81/2016 CN.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=109011

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: construción do centro de recuperación de fauna silvestre de Cotobade (Pontevedra).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45215120-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 567.658,91 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 567.658,91 €; importe total: 686.867,28 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de xuño de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 29 de xuño de 2017.

c) Adxudicataria: Coviastec, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 389.641,07 €; importe total con IVE: 471.465,69 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio