Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, para a contratación, documentalmente simplificada, das obras de mellora da eficiencia enerxética da piscina da Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe EP4, prioridade 4c.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2017-OBRSE 01-MP.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=100431

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de obras.

b) Descrición: a execución das obras para a mellora da eficiencia enerxética na piscina da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) na Estrada, en base ao proxecto básico e de execución aprobado polo órgano de contratación.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 45000000-7 Traballos de construción e once máis.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 25 de xaneiro de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 240.326,76 €, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 218.478,87 €.

Importe total: 264.359,43 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de maio de 2017.

b) Data da formalización do contrato: 29 de maio de 2017.

c) Contratista: Forestación Galicia, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 176.312,45 €.

Importe total: 213.338,06 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza