Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35541

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (47/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 47/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Manuel Vidal Formoso contra Sequor Seguridad, S.A., Proseman, S.L., Nordés Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que desestimando a demanda interposta por José Manuel Vidal Formoso, contra o Fondo de Garantía Salarial, Proseman, S.L., Nordés Vigilancia, S.A., contra Sequor Seguridad, S.A., e contra Pedro Juez Martel como administrador concursal de Sequor Seguridad, S.A., debo absolver e absolvo aos demandados das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Proseman, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza