Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35540

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (677/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 677/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Abel César Chacón Blanco contra Proxectos Ensino, S.L., e Fondo de Garantía Salarial ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que considerando integramente a demanda interposta por Abel César Chacón Blanco, contra Fondo de Garantía Salarial, e Proxectos Ensino, S.L., debo condenar e condeno o Fogasa a aboarlle ao demandante a suma de 1.022,07 euros en concepto de indemnización por despedimento obxectivo (40 %), máis, se é o caso, os xuros do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución; con absolución de Proxectos Ensino, S.L., das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Proxectos Ensino, S.L, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza