Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35539

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (109/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 109/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Santiago Rosende Mallo contra Adekua de Montajes, S.L., e Fondo de Garantía Salarial ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimando substancialmente a demanda interposta por Santiago Rosende Mallo contra o Fogasa, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a prestación de garantía salarial do Fogasa aplicando un salario módulo diario de 43,09 euros e, en consecuencia, debo condenar e condeno ao Fogasa a se ater a devandita declaración, e a aboarlle ao demandante a suma de 321,85 euros en concepto de diferenza no importe da prestación de garantía salarial recoñecida por salarios entre a que debeu percibir e a efectivamente percibida, máis os xuros do artigo 576 da LEC que se percibirán a partir dos tres meses seguintes ao día de notificación da presente resolución; con absolución neste procedemento da empresa Adekua de Montajes, S.L., das peticións deducidas contra ela.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Adekua de Montajes, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción en Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza