Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35538

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (198/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 198/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Manuel López Valiño contra a empresa Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Manuel López Valiño, contra Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 569,77 euros polos conceptos e coa desagregación efectuados no feito probado cuarto da presente resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución, así como ao pagamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros; e condenando a Carmen Oteo Barranco na súa soa condición de administrador concursal de Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., a estar e pasar pola devandita declaración e condena.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non ten lugar á súa condena nesta instancia, debendo estarse ao que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza