Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36275

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado mediante a Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 84, do 3 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 20 de xullo de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 24 de novembro de 2016 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o cuarto exercicio da fase de oposición terá lugar o día catorce (14) de setembro de 2017, na aula nº 11 da Escola Galega de Administración Pública, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento do que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2017

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal