Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36273

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2017 pola que se redistribúen e minoran os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Mediante a Resolución do 14 de marzo de 2017 que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 57, do 14 de marzo, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

O financiamento da convocatoria correspóndese con fondos comunitarios derivados do programa Galicia 2014-2020 Feder nun 80 %.

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, cando xa rematou o prazo de presentación de solicitudes (24.4.2017), nalgunha das epígrafes o número de solicitantes é inferior ao agardado, mentres que noutros o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria, polo que cómpre facer unha redistribución de fondos entre as distintas epígrafes e liberar o crédito orzamentario sobrante que resultaría de atender todas as solicitudes.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso das enerxías renovables atendendo a totalidade das solicitudes en cada unha das epígrafes da convocatoria.

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, redistribuíndose do seguinte xeito:

Axudas á instalación de equipamentos térmicos de biomasa.

Beneficiarios

Aplicación orzamentaria

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento final

Administración pública autonómica

09.A2.733A.714.2

1.300.000,00

-378.241,88

921.758,12

Administración pública local

09.A2.733A.760.5

1.015.662,00

351.868,62

1.367.530,62

Empresas

09.A2.733A.770.5

2.000.000,00

-964.735,97

1.035.264,03

Entidades sen fins de lucro

09.A2.733A.781.1

350.000,00

-338.250,97

11.749,03

Total

4.665.662,00

-1.329.360,20

3.336.301,80

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 21 xullo de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia