Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36278

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5506/2016 IP).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 5506/2016 desta Sección, seguido por instancia de José Ángel Pérez Pereira contra Fogasa, Novanam Limited, Pescanova, S.A., Nueva Pescanova, S.L., Skeleton Coast Trawling, Pesquerías Belnova, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Alberto Muñoz Rodríguez, en nome e representación de José Ángel Pérez Pereira, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número cinco dos de Vigo, en data dez de outubro de dous mil dezaseis, en autos seguidos por instancia do recorrente fronte ás empresa Novanam Limited, Skeleton Coast Trawling PTV LTD, Pesquerías Belnova, S.A., Pescanova, S.A. e Nueva Pescanova, S.A., sobre reclamación de cantidade, nos que foi citado como parte o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos a resolución recorrida.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste Tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así por esta, nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

Para que sirva de notificación en legal forma a Novanam Limited, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza