Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36286

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 175/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 175/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Prieto Nieves contra Construcciones Metálicas Carreira, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE), ditáronse as seguintes resolucións cuxas partes dispositivas son do tenor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2017.

Parte dispostiva.

Dispoño: despachar execución da sentenza firme número 45/2017 do 30 de xaneiro de 2017 ditada no procedemento SSS 648/2013 a favor de José Antonio Prieto Nieves fronte á parte executada Construcciones Metálicas Carreira, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE), por importe de 212,40 euros en concepto de principal (prestación por desemprego), máis outros 21,24 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2017.

Parte dispositiva.

Dispoño: requirir a Construcciones Metálicas Carreira, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE), para que no prazo dun mes de cumprimento á resolución anteriormente indicada procedendo a ingresar na conta deste xulgado o importe de 212,40 euros en concepto de principal (prestación por desemprego), máis outros 21,24 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poida percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ou manifeste a este xulgado, obstáculos que se opoñan a iso e, en todo caso, designe persoa que se encargue do cumprimento da execución, con indicación do seu nome, apelidos, DNI, e cargo ou posto que desempeña (conta do xulgado IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274, nº expediente xudicial 1589 0000 64 0175 17).