Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2011/183-1, no concello de Santa Comba.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Grixoa II, no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2011/183-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas da casa consistorial correspondente.

A Coruña, 19 de xullo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2011/183-1.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Grixoa II.

Concello: Santa Comba.

Predio

Concello

Titularidade

Data de pagamentos

Hora

16

Santa Comba

Manuel Silvariño Rial

7.9.2017

11.00