Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 30 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación de resolucións ditadas no expediente BS210A VI-0000021597 e un máis.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tentada a notificación de resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio dos interesados sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo ou aos seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido das ditas resolucións. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación a través da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, dirixido ao conselleiro de Política Social, de conformidade coa normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas de aplicación.

Vigo, 30 de maio de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data da resolución

VI-0000021597

García Pino, Manuel

(35927169L)

Aceptación da renuncia e acordo de arquivamento

10.3.2017

VI-0000049022

Pedreira García, María Lourdes

(02810439T)

Declaración de desistencia e acordo de arquivamento

20.3.2017