Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 6 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento ditado no expediente de reclamación de débeda relativo ás estadías en residencias de maiores.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Intentouse a notificación por correo certificado ao interesado que se cita no anexo sen que fose posible practicala, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o requirimento ditado no correspondente expediente de reclamación de débeda.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para facer as alegacións que xulgue oportunas, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias do Servizo de Xestión Económica da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselle que de non facer alegacións en tempo e forma, deberá aboar os gastos de estadías nos seguintes prazos, segundo o disposto no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria:

– Liquidacións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte ao da notificación.

– Liquidacións notificadas logo do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte ao da notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 161 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

A Coruña, 6 de xuño de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nome: María Tizón Méndez.

Último enderezo coñecido: rúa Segunda Travesía da Obra, 1, 1º esq., 15160 Sada (A Coruña).

Expediente: reclamación de débeda por estadías na residencia asistida de maiores de Oleiros.