Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2017 Páx. 36684

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1267/2016).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1267 /2016 desta sección, seguido por instancia de David Oliveros Fernández contra Fogasa, Telepizza, S.A.U., Pulgar Pizza, S.L., admón. concursal Pulgar Pizza, S.L. (José Manuel Cortegoso Iglesias sobre reclamación de cantidade, con data do 17.5.2017 a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou a seguinte resolución:

«A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposta pola letrada Mariña Vázquez Rodríguez, en nome e representación de David Oliveros Fernández contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 14 de outubro de 2016, no recurso de suplicación número 1265/2016, interposto por David Oliveros Fernández, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo de data do 14 de decembro de 2015, no procedemento nº 1048/2014 seguido a instancia de David Oliveros Fernández contra Pulgar Pizza, S.L. a súa administración concursal na persoa de José Manuel Cortegoso Iglesias, Telepizza, S.A.U e con intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de costas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pulgar Pizza , S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza