Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37118

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e suxeita a regulación harmonizada, para a contratación da concesión do servizo asistencial de atención diúrna e atención residencial nos centros de día da Laracha, Carballo, A Coruña-Eirís, A Coruña-Monte Alto e no fogar residencial da Laracha (contratación documentalmente simplificada).

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/001/17/XSP-CONC-AD.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: xestión do servizo público asistencial de atención diúrna e atención residencial nos centros de día da Laracha, Carballo, A Coruña-Eirís, A Coruña-Monte Alto e no fogar residencial da Laracha.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento de licitación:

Importe: 2.874.458,04 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do importe de adxudicación, IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro, s/n, 3º andar

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono de información: 881 99 64 08.

e) Telefax: 881 99 64 04.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org.

7. Requisitos específicos do/a contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

c) Solvencia técnica: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 18 de setembro de 2017.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra Q da folla de especificacións, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de tratárense de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas indicarase o número de rexistro no exterior do sobre.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro, s/n, 3º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Prazo durante o que a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro, s/n, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio, ás 10.00 horas do día 25 de setembro de 2017. A apertura do sobre C será na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización

10. Outras informacións:

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil de contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase publica a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 31.7.2017.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar