Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de formalización do contrato de concesión administrativa para a explotación de quiosco-bar situado no parque da Praia de Compostela, denominado Pavillón de Servizos.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato de concesión administrativa para a explotación de quiosco-bar ubicado no parque da praia de Compostela denominado Pavillón de Servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

c) Numero de expediente: CT 41/2017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vilagarcia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión administrativa.

b) Descrición: explotación do quiosco-bar situado no parque da praia Compostela.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 92332000-Servizos de praias.

e) Acordo marco: non procede.

f) Sistema dinámico de adquisicións: non procede.

g) Medio de publicación del anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e plataforma de contratos públicos de Galicia.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, 30.5.2017 e Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, 1.6.2017.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: canon mínimo 2.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe: canon mínimo 2.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data adxudicación: Xunta de Goberno Local do 3 de xullo de 2017.

b) Data formalización do contrato: 7 de xullo de 2017.

c) Adxudicatario: Vanessa Lucía Vázquez Rey.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: canon anual de 3.900,00 €.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Vilagarcía de Arousa, 10 de xullo de 2017

Alberto Varela Paz
Alcalde