Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 36995

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 668/2017 PM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 668/2017 PM

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 445/2016 Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Antonio Juan Nogueira de Jesús

Avogado: Diego Garrido Rodríguez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pizarras Os Vales, S.A., Mutua Mc Mutual, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61, Vicente Manuel Diz Varela

Avogados: Luis Manuel Rodero Díaz, Guillermo Amigo Estrada

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 668/2017 desta sección, seguido por instancia de Antonio Juan Nogueira de Jesús contra a empresa Pizarras Os Vales, S.A., Mutua MC Mutual, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61, Vicente Manuel Diz Varela, sobre accidente, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimamos o recurso de suplicación formulado polo demandante, Antonio Juan Nogueira de Jesús, contra a sentenza ditada o 17 de novembro de 2016 polo Xulgado do Social número 2 de Ourense en autos número 445/2016, seguidos pola súa instancia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap, Pizarras Os Vales, S.A., Vicente Manuel Diz Varela e Mutua Cyclops, resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pizarras Os Vales, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza