Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37111

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación, por procedemento aberto, para as obras de substitución de firmes de vías en contornos patrimoniais nas diferentes parroquias deste concello.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº expediente 4653-440.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras dos seguintes proxectos:

• Substitución de firmes de vías en contornos patrimoniais. Vigo Centro.

• Substitución de firmes de vías en contornos patrimoniais. Vigo Norte.

• Substitución de firmes de vías en contornos patrimoniais. Vigo Sur.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 4 meses. Prórroga: non procede.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 902.144,96 euros IVE que soportará a Administración: 156.570,61 euros. Orzamento total: 745.574,35 euros. Dotación por lotes: lote 1, substitución de firmes de vías en contornos patrimoniais. Vigo Centro, 251.443,26 € (IVE incluído); lote 2, substitución de firmes de vías en contornos patrimoniais. Vigo Norte, 257.445,42 € (IVE incluído); lote 3 substitución de firmes de vías en contornos patrimoniais. Vigo Sur, 236.685,67 € (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: si, por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE, cando a oferta adxudicada tivese sido cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada e for xustificada adecuadamente.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira:

a.1) Licitadores que se presenten unicamente a un lote:

• Declaración do volume anual de negocios. Considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

• Ou documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría 2

a.2) Licitadores que se presenten a dous ou tres lotes: documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría 3.

b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional:

b.1) Licitadores que se presenten unicamente a un lote:

• Declaración do volume anual de negocios. Considerarase con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

• Ou documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría 2.

b.2) Licitadores que se presenten a dous ou tres lotes: documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría 3.

8. Presentación de ofertas: prazo: rematará aos 26 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: vexase punto 6 do anuncio.

Data e hora: se anunciará no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 20 de xullo de 2017

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación