Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2017 Páx. 37920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de adecuación da casa reitoral de San Martiño de Mondoñedo, Foz (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=111044

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 47, do 8 de marzo de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: obras de adecuación da casa reitoral de San Martiño de Mondoñedo, Foz (Lugo).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 84.980,41 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 30 de xuño de 2017.

b) Data da formalización do contrato: 17 de xullo de 2017.

c) Contratista: Construcciones Abal, S.A.

d) Importe de adxudicación: 74.597,47 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria