Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2017 Páx. 37918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN661A 2004/9-1, no concello de Muxía.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Parque Eólico Muxía I, no concello de Muxía (expediente IN661A 2004/9-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 24 de xullo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2004/9-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación da instalación: Parque Eólico Muxía I.

Concello: Muxía.

Predio

Lugar

Titularidade

Data

Hora

128

Milladoiro

Herdeiros de Amable Caamaño Trillo

16.8.2017

10.10

427

Trozo da Croa

Manuel Montero Pereira

8.8.2017

11.05

503

Agra Nova

Caridad Louzán Rodríguez

21.8.2017

10.50

511-1

O Canle

Víctor Abente Lago

24.8.2017

10.40

531

Rego Madeiro

Guillermo Fandiño Romero

24.8.2017

10.00

670

Queimada

José Maneiro Pazos

9.8.2017

10.00

739

Regueiro

Jesús Sánchez Guzmán

22.8.2017

10.30

740

Regueiro

Jesús Sánchez Guzmán

22.8.2017

10.40

905

Prado de Serra

Francisco Rodríguez Vázquez

10.8.2017

10.40

929

Fonte da Porca

Veciños de Morquintián

28.8.2017

10.15

1140

Seixo Barreiro

Mª Manuela Pérez Lema

23.8.2017

10.55

1141

Seixo Barreiro

Mª Manuela Pérez Lema

23.8.2017

11.05