Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38361

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade de varias encomendas de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar executadas durante os anos 2016 e 2017.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución de 21 de decembro de 2015, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización das accións para a execución do proxecto PE-ST-16002 Reinstalación na ría de Aldán dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción declaradas como clase C no litoral sur da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2016 tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: executar os traballos para desenvolver todos os procedementos operativos necesarios para poñer en funcionamento a zona de reinstalación dos moluscos bivalvos no litoral sur (ría de Aldán) da Comunidade Autónoma durante o ano 2016.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 31 de decembro de 2016.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 como anticipado de gasto na aplicación orzamentaria 14.03.723A.604.2, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, na medida 1.2.1.

2. Resolución do 27 de xuño de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización dos servizos para a impartición dun programa de accións formativas nos anos 2016-2017 no centro de formación Aixola.

– Actividade: executar os traballos que necesariamente incluirán convocatoria, inscrición, selección, impartición do curso, avaliación dos resultados, elaboración de diplomas de asistencia e/ou aproveitamento e formalización das correspondentes bases de datos dos cursos e alumnos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xullo de 2016 ata o 30 de xuño de 2017.

-Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 na aplicación orzamentaria 14.03.722A.640.1 código de proxecto 2016 00258, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, no obxectivo 1.6) Desenvolvemento da formación profesional, de novas competencias profesionais e da formación permanente, na medida 1.6.1 Fomento do capital humano, creación de emprego e do diálogo social. Formación, traballo en rede, diálogo social, axuda a cónxuxes e parellas de feito.

3. Resolución do 15 de marzo de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización dunha aplicación de tecnoloxías pesqueiras para a mellora da selectividade en artes de arrastre da pesqueira de rapantes en augas do Gran Sol.

– Actividade: executar os traballos correspondentes a tecnoloxías que permitan a redución de capturas non desexadas, e, polo tanto, minimizar os posibles descartes, facilitando así mellores prácticas ambientais do sector pesqueiro galego.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 30 de setembro de 2016.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 na aplicación orzamentaria 14.02.723A.640.1 código de proxecto 2016 00287.

4. Resolución de 4 de xaneiro de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización dun programa para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos no marco de actividades de pesca sustentables Femp 2014-2020.

– Actividade: executar os traballos de apoio na preparación do período de programación do Fondo Europeo Marítimo de Pesca no relativo á medida de protección e recuperación da biodiversidade.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 15 de abril de 2016.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 na aplicación orzamentaria 14.02.723A.640.1 código de proxecto 2016 00287 e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, na medida 7.

5. Resolución de 17 de xuño de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización da encomenda de xestión relativa ao Proxecto para apoio a cooperación internacional do sector da pesca artesanal e acuicultura a pequena escala.

– Actividade: execución de traballos para desenvolver a cooperación, así como organización do Foro Nacional de Cooperativas de Mulleres da Pesca e Acuicultura de Nicaragua.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 30 de novembro de 2016.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 na aplicación orzamentaria 14.01.721A.640.2, código de proxecto 2016 00324.

6. Resolución do 7 de xullo de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización da encomenda de xestión relativa ao apoio á Secretaría Técnica da Rede Invipesca para a mellora de ferramentas de coordinación, difusión e promoción das súas actividades.

– Actividade: desenvolver as accións para o apoio á mellora de ferramentas de coordinación da rede, e a difusión e promoción da rede e as súas actividades.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 30 de novembro de 2016.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 na aplicación orzamentaria 14.01.721A.640.2, código de proxecto 2016 00324.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaría xeral técnica da Consellería do Mar