Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38393

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (239/2016).

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, por medio deste edicto, anuncio que no presente procedemento de xuízo ordinario 239/2016, seguido por instancia de Luis Antonio Conde Asorey fronte á herdanza xacente e aos posibles, ignorados e descoñecidos, herdeiros de Víctor F. Sánchez Prendes, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 101/2017.

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez

Demandante: Luis Antonio Conde Asorey.

Procuradora: Soledad Sánchez Silva

Avogada: María Dolores Traba López

Demandados: herdanza xacente e posibles ignorados herdeiros de Víctor Fernando Sánchez Prendes (en rebeldía procesual)

Xuízo ordinario 239/2016, sobre declarativa de dominio.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

Decido:

Estimar totalmente a demanda interposta por Luis Antonio Conde Asorey, representado pola Sra. Sánchez Silva, contra a herdanza xacente e posibles ignorados herdeiros de Víctor Fernando Sánchez Prendes, en rebeldía procesual, e declaro que en virtude da escritura outorgada ante o notario que foi de Santiago Ildefonso Sánchez Mera do 20 de agosto de 1974, nº 1518 do seu protocolo, María Concepción Asorey Andaluz adquiriu por compra, con carácter privativo, un terzo do pleno dominio do seguinte predio: 2. Local número dous. Planta primeira destinada a vivenda. Forma parte da casa número 55, antes 27, da Rúa Nova desta cidade de Santiago de Compostela. Extensión sesenta e seis metros cadrados. Linda pola súa dereita saíndo, ou sexa norte, coa casa número 53 dos herdeiros de Román Pereiro; esquerda sur, casa número 57 dos herdeiros de Carmen de Andrés; leste ou fondo, coa rúa das Orfas, por onde ten o número 26 accesorio, e pola súa fronte, o oeste, coa Rúa Nova. Ten como anexo a parte esquerda entrando do soto dunha extensión de sete metros cadrados. Cota vinte e un por cento; cuxa inscrición rexistral é a seguinte: predio de Santiago, sección 02, número 7568, do Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago, tomo 1044, libro 86, folio 53, alta 2.

Todo isto con imposición de custas aos demandados.

Unha vez que sexa firme esta resolución, de ser o caso, líbrese o correspondente mandamento para a oportuna modificación no Rexistro da Propiedade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, se deberá interpoñer perante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Para a interposición do recurso de apelación será necesaria a constitución previa de depósito de 50 euros, que se deberá consignar na conta de depósitos e consignacións do xulgado; deberase xustificar a consignación no momento de presentar o escrito de interposición. Se o recurso se estima total ou parcialmente restituirase o depósito, que se perderá para sufragar as actividades do Ministerio de Xustiza e comunidades autónomas en caso de desestimación total. Quedan exentos os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, así como o Ministerio Fiscal, administracións públicas e organismos autónomos.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado».

Parte dispositiva do Auto do 8 de xuño de 2017, complemento de sentenza.

Parte dispositiva:

Acordo completar a decisión da sentenza ditada no presente proceso o día 24 de maio de 2017, que queda redactada nos seguintes termos:

Estimar totalmente a demanda interposta por Luis Antonio Conde Asorey, representado pola Sra. Sánchez Silva, contra a herdanza xacente e posibles ignorados herdeiros de Víctor Fernando Sánchez Prendes, en rebeldía procesual, cos seguintes pronunciamentos:

1º. Declaro que en virtude da escritura outorgada perante o notario que foi de Santiago Ildefonso Sánchez Mera do 20 de agosto de 1974, nº 1518 do seu protocolo, María Concepción Asorey Andaluz adquiriu por compra, con carácter privativo, de María Andaluz Torrado, un terzo do pleno dominio do seguinte predio: 2. Local número dous. Planta primeira destinada a vivenda. Forma parte da casa número 55, antes 27, da Rúa Nova desta cidade de Santiago de Compostela. Extensión sesenta e seis metros cadrados. Linda pola súa dereita saíndo, ou sexa norte, coa casa número 53 dos herdeiros de Román Pereiro; esquerda sur, casa número 57 dos herdeiros de Carmen de Andrés; leste ou fondo, coa rúa das Orfas, por onde ten o número 26 accesorio, e pola súa fronte, o oeste, coa Rúa Nova. Ten como anexo a parte esquerda entrando do soto dunha extensión de sete metros cadrados.

Cota vinte e un por cento; cuxa inscrición rexistral é a seguinte: predio de Santiago, sección 02, número 7568 do Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago, tomo 1044, libro 86, folio 53, alta 2.

Unha vez que sexa firme esta resolución, de ser o caso, líbrese o correspondente mandamento para a oportuna modificación/rectificación no Rexistro da Propiedade, facendo constar a titularidade exclusiva de María Concepción Asorey Andaluz sobre a totalidade do predio, en vez da titularidade ganancial dun terzo dela.

2º. Declaro que Luis Antonio Conde Asorey é o actual propietario do pleno dominio do predio antes descrito, por herdanza da súa tía María Concepción Asorey Andaluz, en virtude de testamento e escritura de aceptación e entrega de legados.

3º. Todo isto con imposición de custas aos demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe interpoñer ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que caiban contra a resolución completada, cuxo prazo queda interrompido coa solicitude da aclaración continuando o seu cómputo desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

Así a acorda e asina. Jorge Martínez Vázquez. Maxistrado xuíz deste xulgado. Dou fe».

Ao se encontrar o dito demandado, herdanza xacente e os posibles, ignorados e descoñecidos, herdeiros de Víctor F. Sánchez Prendes, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

O letrado da Administración de xustiza