De conformidade co artigo 9.3 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, dáse publicidade á encomenda de xestión a Seaga, que ten as seguintes características:
– Obxecto: limpeza da parcela e corte de todas as árbores existentes no inmoble, traslado e venda da madeira.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Seaga a consideración de medio propio instrumental da Administración, de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 13/2010, do 17 de decembro.
– Orzamento: 5.788,02 €
– Anualidade: 2017.
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2017
O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio