Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38514

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017 pola que se lle dá publicidade á encomenda de xestión á Fundación Semana Verde de Galicia para que poña á disposición os espazos precisos e os traballos de apoio necesarios á Dirección Xeral da Función Pública para a organización da proba correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala do Servizo de Gardacostas de Galicia.

De conformidade co artigo 9.3 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, dáse publicidade á encomenda de xestión da Consellería de Facenda á Fundación Semana Verde de Galicia, que ten as seguintes características:

– Obxecto: arrendamento temporal de pavillóns do recinto feiral da Fundación Semana Verde de Galicia, utilización de infraestruturas como o aparcadoiro e outras prestacións accesorias (vixilancia, limpeza, uso de megafonía, …).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental da Administración, de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 13/2010, do 17 de decembro.

– Orzamento: 16.415,74 €.

– Prazo: 21 e 22 de xullo de 2017.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio