Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38511

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 1 de agosto de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG núm. 14, do 20 de xaneiro de 2017).

Mediante a Orde do 30 de decembro de 2016 reguláronse os criterios de repartición e establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG núm. 14, do 20 de xaneiro).

Esta orde tramitouse como expediente anticipado de gasto de acordo coa Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, e co establecido no Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, aprobado polo Consello da Xunta na súa reunión do 2 de decembro de 2016, na cal se acordou a súa remisión ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación.

A orde pola que se regulan os criterios de repartición do Fondo de Compensación Ambiental, logo da modificación realizada a través da Orde do 22 de xuño de 2017 (DOG núm. 119, do 23 de xuño), destina un total de 2.680.487,69 € ao financiamento de subvencións en concorrencia competitiva.

Ao terse producido unha transferencia de crédito á aplicación que financia esta liña de subvencións, co fin de poder amparar un maior número de solicitudes presentadas estímase conveniente ampliar a dotación orzamentaria consignada para a liña en concorrencia competitiva, a través do suposto previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro e nos artigos 2.1.b) e 37 da Orde do 30 de decembro de 2016.

De conformidade cos devanditos preceptos regulamentarios, o órgano concedente debe publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

En consecuencia co exposto, de acordo coa Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; co Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, co Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións, e co disposto na Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, modificada pola Orde do 22 de xuño de 2017,

Dispoño:

Artigo único

1. Amplíase a dotación orzamentaria destinada a financiar a liña en concorrencia competitiva das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017, que se establece no artigo 2.a) e no artigo 13 da Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida.

2. O incremento da dotación será de 13.502,04 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.461.0 e de 501.760,41 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.761.0, ambas as dúas consignadas no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.

A contía máxima das subvencións que se concedan na liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017 queda así establecida en 3.195.750,14 €, coa seguinte distribución por aplicación orzamentaria:

Aplicación orzamentaria

Crédito actual

Ampliación

Crédito total

05.23.141A.461.0

664.771,66

13.502,04

678.273,70

05.23.141A.761.0

2.015.716,03

501.760,41

2.517.476,44

Total

2.680.487,69

515.262,45

3.195.750,14

3. Esta ampliación de crédito non afecta o prazo establecido no artigo 19.6 da Orde do 30 de decembro de 2016 para a presentación de solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza