Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38591

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 26 de xullo de 2017 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico I mediante a modalidade contractual por obra ou servizo de duración determinada, con cargo ao proxecto de investigación denominado WETWINE SOE1/P5/E0300 Proxecto de cooperación transnacional para promover a conservación e a protección do patrimonio natural do sector vitivinícola na zona SUDOE.

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa web http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico I mediante a modalidade contractual por obra ou servizo de duración determinada con cargo ao proxecto de investigación denominado: WETWINE SOE1/P5/E0300 Proxecto de cooperación transnacional para promover a conservación e a protección do patrimonio natural do sector vitivinícola na zona SUDOE.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónica e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria