Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38590

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 26 de xullo de 2017 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico I mediante a modalidade contractual por obra ou servizo de duración determinada, con cargo ao proxecto de investigación denominado Plans de xestión de riscos transnacionais para os espazos rurais forestais sensibles aos riscos bióticos e abióticos-PLURIFOR-SOE1/P4/F0112.

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa web http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico I mediante a modalidade contractual por obra ou servizo de duración determinada con cargo ao proxecto de investigación denominado Plans de xestión de riscos transnacionais para os espazos rurais forestais sensibles aos riscos bióticos e abióticos-PLURIFOR-SOE1/P4/F0112.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego de Calidade Alimentaria