Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38583

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables nas empresas de produción agrícola primaria, sobre a base da convocatoria de subvencións realizada por Resolución do 17 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 78, do 24 de abril).

Antecedentes:

1. Mediante Resolución do 17 de abril de 2017 establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables nas empresas de produción agrícola primaria (en diante, bases reguladoras).

2. Transcorrido o prazo para a presentación das solicitudes de axuda, leváronse a cabo os requirimentos de emenda da documentación daquelas solicitudes que non reunían os requisitos previstos na convocatoria.

3. Rematado o período de emenda, a comisión de valoración como órgano colexiado encargado da análise e avaliación das solicitudes presentadas, realizou o baremo de cada un dos expedientes atendendo aos criterios sinalados no artigo 15 das bases reguladoras.

Consideracións legais:

1. A xerencia do Instituto Enerxético de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións, e corresponde ao director deste organismo ditar as diferentes resolucións que deriven del (artigo 12 das bases reguladoras).

2. Por Resolución do 3 de agosto de 2017 amplíanse o crédito orzamentario recollido na Resolución do 17 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras, o importe total asignado para estas axudas tras esta ampliación ascende a 1.110.000,00 euros.

3. As bases reguladoras prevén no artigo 14.4 a posibilidade de que se estableza unha lista de espera, que contará cos proxectos admitidos que non acadaron a subvención polo esgotamento do orzamento dispoñible.

O órgano xestor poderá acordar activar a lista de espera no suposto de que algunha persoa beneficiaria renuncie á subvención concedida ou decaia no dereito a súa percepción, neste caso os créditos liberados poderanse asignar por orde decrecente de puntuación aos proxectos admitidos que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto.

4. En virtude do disposto no artigo 16.4 das bases reguladora, con carácter xeral non se enviarán notificacións postais e, de conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no caso das resolucións de concesión da subvención poderase substituír a notificación individual pola publicación no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade das subvencións outorgadas.

5. Neste procedemento só se teñen en conta aqueles feitos, alegacións ou probas aducidos polos propios interesados.

6. Para determinar e cuantificar o investimento elixible sobre o que aplicar a porcentaxe de axuda correspondente, das actuacións proxectadas polos solicitantes, tívose en conta o disposto nos artigos 5, 6 e 15 das bases reguladoras.

Estas axudas estarán suxeitas tamén as condicións que se establecen no capítulo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (Regulamento xeral de exención por categorías).

Esta convocatoria refírese ás que aparecen definidas dentro da sección 7ª do capítulo III como axudas ao investimento destinadas á promoción de enerxía procedente de fontes renovables (artigo 41.a) ou b) segundo o disposto no artigo 5 das bases reguladoras.

De acordo con todo o anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Conceder aos solicitantes que se relacionan no anexo I da presente Resolución as axudas convocadas, para o exercicio 2017, pola Resolución do 17 de abril de 2017, do director do Inega, especificándose no citado anexo a persoa ou entidade beneficiaria, o proxecto subvencionado, a puntuación que lle corresponde, o investimento elixible e a cantidade concedida con cargo aos orzamentos do Inega, sendo que a contía total ascende a 1.110.000,00 euros.

O prazo de execución das actividades e/ou investimentos rematará o 30 de setembro de 2017. Non podendo iniciarse con anterioridade á presentación da solicitude.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 19.1 das bases reguladoras se transcorresen dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación desta resolución no DOG sen que os interesados que figuran no anexo I comunicasen expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que aceptan, e desde ese momento adquirirán a condición de beneficiarios.

Terceiro. Coa aceptación desta axuda o beneficiario asume as obrigas sinaladas con carácter xeral na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, nas Bases reguladoras e en particular as seguintes:

– Cando un beneficiario non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención.

– Xustificar debidamente os gastos realizados, tendo en conta que só serán subvencionables os gastos realizados con posterioridade á solicitude de axuda, e efectivamente pagados antes do remate do prazo de execución e xustificación concedido.

– Para proceder ao pagamento final do expediente, o beneficiario deberá achegar os permisos, inscricións e/ou licenzas requiridas pola normativa autonómica ou local.

– Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas polo Inega así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos de control competentes, en concreto a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas.

Cuarto. Establecer no anexo II unha lista de agarda na que figuren os proxectos admitidos que non acadaron a subvención polo esgotamento do orzamento dispoñible.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o presidente da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, no prazo de un (1) mes desde o día seguinte ao de publicación desta resolución; tamén pode interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO I
Subvencións concedidas

Código proxecto subvencionado

Persoa ou entidade beneficiaria

Investimento elixible (€)

Cantidade concedida (€)

Puntuación

IN421L-167

Avideza, S.C.

63.500,00

44.450,00

95,00

IN421L-165

Avideza, S.C.

63.500,00

44.450,00

95,00

IN421L-107

Esperanza Muñoz Marcos

1.250,00

875,00

90,00

IN421L-108

Avícola Convento, S.C.

13.000,00

9.100,00

90,00

IN421L-189

Ganadería Ponte Boado, S.L.

6.449,00

4.514,30

79,88

IN421L-47

Excorrigal, S.L.

53.130,00

37.191,00

78,10

IN421L-160

Avicola Portela, S.C.

13.550,00

9.485,00

77,64

IN421L-86

Carlos Pereiro Veiga

7.249,00

5.074,30

72,88

IN421L-215

Cebo Barán, S.L.

7.840,00

5.488,00

70,28

IN421L-116

Lorena Cerredelo Martínez

8.402,83

5.881,98

67,25

IN421L-57

Vagalume Energía, S.L.

17.000,00

11.900,00

67,00

IN421L-56

Vagalume Energía, S.L.

24.000,00

16.800,00

67,00

IN421L-55

Vagalume Energía, S.L.

42.000,00

29.400,00

67,00

IN421L-64

Avisuego, S.C.

9.450,00

6.615,00

65,16

IN421L-110

Javier Monsalve Álvarez

6.270,00

4.389,00

65,09

IN421L-182

Transfontao, S.C.

22.500,00

15.750,00

63,00

IN421L-111

José Rodríguez Queizán

13.500,00

9.450,00

63,00

IN421L-185

Lucía García Montero

34.500,00

24.150,00

63,00

IN421L-134

Joaquín Díaz Gómez

15.000,00

10.500,00

63,00

IN421L-193

María Luisa Vázquez Gavieiro

15.000,00

10.500,00

63,00

IN421L-178

Marcos Vázquez Marey

4.500,00

3.150,00

63,00

IN421L-73

María Reboiras Baleirón

9.000,00

6.300,00

63,00

IN421L-207

Explotacións Agrogandeiras da Veiga, S.C.

36.900,00

25.830,00

63,00

IN421L-200

Ganadería Parga

13.500,00

9.450,00

60,38

IN421L-45

Pollos San Antolín Entidad de Tc

67.000,00

46.900,00

60,00

IN421L-104

Miguel Ángel Cela Núñez

7.500,00

5.250,00

58,98

IN421L-112

Hermanos Arias Vila de Cruces, S.L.

6.300,00

4.410,00

58,82

IN421L-137

Máximo Lema Pose

12.580,00

8.806,00

58,65

IN421L-94

Mª Carmen Mazaira Bardelás

11.750,00

8.225,00

58,51

IN421L-126

Finca Bouzón, S.C.

9.000,00

6.300,00

56,53

IN421L-20

Lois Gómez Rogelio y J. Manuel, S.C.

85.320,40

50.000,00

55,97

IN421L-187

Mato, S.C.

21.000,00

14.700,00

55,88

IN421L-85

Félix, S.C.

9.000,00

6.300,00

54,59

IN421L-135

Cas de Pedro, S.C.

34.965,00

24.475,50

54,21

IN421L-161

José Manuel Seijas Vázquez

21.000,00

14.700,00

54,00

IN421L-233

Ganadería Carreiras, S.C.

13.549,40

9.484,58

53,69

IN421L-31

Tendeiro, S.C.

20.160,00

14.112,00

53,41

IN421L-158

SAT Otero Novo 1170 Xuga

18.750,00

13.125,00

53,34

IN421L-196

Mercedes Veiga Freire

22.500,00

15.750,00

53,24

IN421L-152

Ganadería Ferro, S.C.

27.750,00

19.425,00

53,12

IN421L-220

Alicia Lebón Préstamo

7.500,00

5.250,00

53,00

IN421L-217

Ganaderia Pérez, S.C.

7.500,00

5.250,00

53,00

IN421L-77

Camilo López López

18.750,00

13.125,00

53,00

IN421L-156

Ganadería Mejuto, S.C.

24.000,00

16.800,00

52,74

IN421L-25

Sdad. Coop. Galega Val de Muíños

39.000,00

27.300,00

52,60

IN421L-209

Rosa María González Pérez

13.500,00

9.450,00

52,40

IN421L-211

Galiprado, S.C.

13.500,00

9.450,00

52,22

IN421L-99

Paca, S.C.

19.500,00

13.650,00

52,00

IN421L-90

Sánchez Fariñas, S.L.

7.875,00

5.512,50

51,79

IN421L-195

Manuel Ángel Curras Oliveira

5.359,50

3.751,65

51,43

IN421L-170

Val Silva, S.C.

19.500,00

13.650,00

51,36

IN421L-106

Casa Roxo, S.C.

18.750,00

13.125,00

51,26

IN421L-117

O Recuncho SAT nº 1416 Xuga

17.010,00

11.907,00

51,11

IN421L-199

Ganadería Baltar, S.C.

13.500,00

9.450,00

50,74

IN421L-219

Explotación A Fieiteira, S.L.

9.000,00

6.300,00

50,60

IN421L-28

Explotación Campera Huevos de Oro, S.L.

6.930,00

4.851,00

50,56

IN421L-204

Poupariña SAT nº 1195 Xuga

13.500,00

9.450,00

50,38

IN421L-100

Casamaro SAT.

14.805,00

10.363,50

50,18

IN421L-105

Xestoselo, S.C.

19.500,00

13.650,00

50,00

IN421L-136

Cas de Pedro, S.C.

25.000,00

17.500,00

49,85

IN421L-123

Sdad. Agraria de Transf. Castiñeiro

34.500,00

24.150,00

49,84

IN421L-181

SAT Ladeira

23.939,95

16.757,97

49,60

IN421L-30

SAT La Sobreira nº 1062 Xuga

6.930,00

4.851,00

49,33

IN421L-81

Opazo y Fernández, S.C.

29.925,00

20.947,50

48,93

IN421L-169

Cunicola do Foxo, S.L.U.

15.000,00

10.500,00

48,08

IN421L-6

Avipor Silleda, S.L.

20.160,00

14.112,00

48,07

IN421L-128

Granxa Arean SAT

9.450,00

6.615,00

47,94

IN421L-141

José Higinio Río Ramos

13.500,00

9.450,00

47,84

IN421L-144

Carlos Castro López

13.500,00

9.450,00

47,65

IN421L-151

Manuel Castro Freire

6.000,00

4.200,00

47,48

IN421L-109

SAT Zarralleiro

5.508,00

3.855,60

47,07

IN421L-29

SAT La Sobreira nº 1062 Xuga

13.860,00

9.702,00

46,83

IN421L-188

SAT Cabana Xuga 1071

60.000,00

42.000,00

46,38

IN421L-91

Cebo Barán, S.L.

17.625,00

12.337,50

45,93

IN421L-115

SAT Vilar Alaxe Xuga 928

60.000,00

42.000,00

45,61

IN421L-132

Manuel Costas Pombal

7.500,00

5.250,00

45,56

IN421L-43

SAT Varela Xuga 992

45.000,00

31.500,00

45,37

IN421L-84

Miguel Botana Lodeiro

1.350,00

945,00

45,36

IN421L-229

Granxa Vidueira, S.C.

9.450,00

6.615,00

45,09

ANEXO II
Lista de espera

Código proxecto subvencionado

Persoa ou entidade beneficiaria

Investimento elixible (€)

Cantidade validada (€)

Puntuación

IN421L-149

Ganadeza, S.L.

57.000,00

39.900,00

44,54

IN421L-95

María Milagros Mao González

5.508,00

3.855,60

43,89

IN421L-39

Miguel Botana Lodeiro

9.400,00

6.580,00

43,86

IN421L-228

Teixo Galego, S.L.

14.275,64

9.992,95

43,41

IN421L-119

Devesa Langueirón, S.L.

73.820,00

50.000,00

42,20

IN421L-147

Paz García Abelairas

22.500,00

15.750,00

41,96

IN421L-78

Óscar López Sánchez

19.500,00

13.650,00

41,20

IN421L-230

Comercial Germán

50.000,00

35.000,00

40,56

IN421L-172

Sampaio SAT 1140 Xuga

19.500,00

13.650,00

39,60

IN421L-72

Lorena Cerredelo Martínez

11.796,97

8.257,88

39,01

IN421L-58

José Juan Rodríguez Cubreiro

7.933,71

5.553,60

38,86

IN421L-150

Santiago Souto Fernández

7.500,00

5.250,00

37,80

IN421L-153

SAT Lavandeira 950 Xuga

14.849,00

10.394,30

37,79

IN421L-133

SAT Revolta nº 1421 Xuga

42.012,00

29.408,40

37,20

IN421L-174

Ganadería Puluan, S.C.

9.300,00

6.510,00

36,62

IN421L-163

María del Carmen Pardellas Cuíña

15.000,00

10.500,00

36,00

IN421L-145

Miguel Ángel Díaz Parada

6.272,00

4.390,40

30,71

IN421L-162

Sara Corral Canle

19.500,00

13.650,00

30,22

IN421L-96

Álvarez y Vázquez, S.C.

15.000,00

10.500,00

28,82

IN421L-102

José Manuel Castro Núñez

18.750,00

13.125,00

25,52

IN421L-166

Hifas da Terra, S.L.

29.804,83

20.863,38

18,89