Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38730

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de formalización do contrato de xestión do servizo público de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables, suxeito a regulación harmonizada, na modalidade de concesión.

Mediante Acordo do Pleno do Concello de Marín, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 14 de xuño de 2017, adxudicouse o contrato de xestión do servizo público de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables do concello de Marín. A súa formalización publicouse para os efectos do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Marín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 324/16.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://concellodemarin.es/perfil-do-contratante-2.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: concesión de servizos ou xestión de servizos públicos suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: xestión do servizo público de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables do Concello de Marín, suxeito a regulación harmonizada, na modalidade de concesión.

c) Lote: non procede.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90000000-7, 90500000-2, 90510000-5, 90511000-2, 90511100-3, 90511200-4, 90511300-5, 90511400-6, 90512000-9, 90513000-6, 90514000-3 90520000-8, 90900000-6, 90910000-8, 90918000-5.

e) Acordo marco: non procede.

f) Sistema dinámico de adquisición: non procede.

g) Medios de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG, BOPPO e perfil do contratante.

h) Datas de publicación do anuncio de licitación: 28.10.2016; 2.11.2016; 3.11.2016 e 24.10.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

4. Valor estimado do contrato: 11.402.430,67 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto. Importe neto anual: 1.425.303,83 €. Importe neto total: 11.402.430,67 €.

b) Importe total. Importe total anual: 1.567.834,22 €. Importe total: 12.542.673,74 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14.6.2017.

b) Data de formalización: 14.7.2017.

c) Contratista: RECOLTE, Servicios y Medioambiente, S.A.U. (CIF: A28579258).

d) Importe de adxudicación: prezo unitario base ofertado (cláusula 4.1 prego de cláusulas administrativas particulares): 140,08 €/tm. Facturación previsible primeiro ano: 140,08 €/tm × 0,9133 × 10.000 tm/ano = 1.279.350,64 €/ano. Valor total do contrato: 1.279.350,64 €/ano × 8 anos = 10.234.805,12 € (IVE incluído). Valor do contrato sen IVE: 10.234.805,12/1.10 = 9.304.368,291 € (IVE excluído).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Marín, 18 de xullo de 2017

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa