Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38736

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle en parcela de solo industrial na avenida das Carolinas, s/n.

Por Resolución desta Alcaldía, do 18 de xullo de 2017, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para ordenación de volumes en parcela de solo industrial de superficie superior a 3.000 m² na avenida das Carolinas, s/n, presentado por Mario Villanueva Ruiz e/n Carolpark, S.L. e redactado polo arquitecto Juan Antonio Villanueva Ruíz.

Conforme o establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o estudo estará exposto ao público, na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións nese prazo.

Vilagarcía de Arousa, 27 de xullo de 2017

Alberto Varela Paz
Alcalde