Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38752

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 79/2017, do 3 de agosto, polo que se nomean membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.) o 26 de xuño de 2017,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia, en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.), as seguintes persoas:

– Roi Fernández Rodríguez.

– Xesús Castro Baamonde.

Artigo 2

Nomear membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.), as seguintes persoas:

– Omar Ceveira Vázquez.

– Demetrio Vázquez Martínez.

Santiago de Compostela, tres de agosto de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente