Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38751

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 78/2017, do 3 de agosto, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 133, do 12 de xullo), e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste (DOG núm. 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.) o 26 de xuño de 2017,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cesen como membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia, en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.), as seguintes persoas:

– Adela Poisa Barros.

– Demetrio Vázquez Martínez.

Artigo 2

Que cesen como membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.), as seguintes persoas:

– Xesús Castro Baamonde.

– Mª Jesús Fernández García.

Santiago de Compostela, tres de agosto de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente