Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38754

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 19 de xullo 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

No marco do establecido no artigo 40 da Constitución española, no Real decreto lexislativo 3/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei 56/2003, do 16 de decembro, de emprego, nos artigos 29 e 30 do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos obxectivos de crecemento e emprego da Unión Europea, un dos obxectivos prioritarios é que a sociedade galega acade uns maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de cohesión no territorio, para o que é preciso adoptar políticas activas de emprego que favorezan o emprego dos colectivos máis desfavorecidos desde a perspectiva laboral.

De acordo co disposto no Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, correspóndelle a esta o exercicio das competencias e funcións relativas á xestión das políticas activas de emprego.

Na presente orde continúase cunha estrutura de incentivos ligada ao fomento das contratacións indefinidas iniciais realizadas especialmente cos colectivos de persoas desempregadas que teñen dificultades para acceder ao mercado laboral.

O fenómeno da exclusión nas sociedades desenvolvidas é unha realidade complexa e cambiante que na actualidade afecta novos colectivos da poboación. A estratexia de loita contra a exclusión social parte dun enfoque pluridimensional do cal participa un amplo abano de políticas: as de emprego, que se consideran prioritarias, as de protección social, as de educación e formación, entre outras.

Desde o ámbito do emprego, a Xunta de Galicia desenvolve unha serie de accións ou medidas para facilitar a reincorporación á sociedade das persoas que se están en situación de risco de exclusión e apoia a súa aplicación práctica na necesidade de coordinación e actuación conxunta dos distintos departamentos da propia Administración autonómica e doutras administracións públicas, así como na colaboración activa e participativa dos interlocutores sociais e das entidades e organizacións non gubernamentais. Así, nesta orde regúlanse os incentivos dirixidos a fomentar a contratación indefinida e temporal daqueles grupos ou categorías de traballadores que presentan dificultades ou desvantaxes particulares para acceder e permanecer no mercado de traballo, co obxecto de mellorar a súa situación de emprego e corrixir os desequilibrios do mercado laboral, afastando a potencialidade de que xordan novas situacións de risco ou desvantaxe social.

Esta convocatoria enmárcase dentro do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, número CCI2014ES05SFOP009, aprobado pola decisión da Comisión Europea do 8 de decembro de 2015, cofinanciado cunha porcentaxe do 80 % polo Fondo social Europeo.

– Obxectivo temático 8: promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral.

– Prioridade de investimento 8.1: «O acceso ao emprego por parte das persoas demandantes de emprego e das persoas inactivas, incluídas as persoas desempregadas de longa duración e as persoas afastadas do mercado laboral, así como as iniciativas de emprego locais e o fomento da mobilidade laboral. Facilitar o acceso ao emprego por parte das persoas demandantes de emprego e das persoas inactivas, incluídas as persoas desempregadas de longa duración e as persoas afastadas do mercado laboral, incluídas as iniciativas de emprego locais e o fomento da mobilidade laboral».

– Obxectivo específico 8.1.3: aumentar a contratación de carácter estable das persoas desempregadas e/ou demandantes de emprego, incluíndo as de longa duración.

– Obxectivo temático 9: promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

– Prioridade de investimento 9.1: «A inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de atopar un emprego».

– Obxectivo específico 9.1.1: «Mellorar a inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción».

Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

As bases que rexen os programas regulados nesta orde establecen un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva dado que, de acordo coa finalidade e obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión das axudas se realiza pola comprobación da concorrencia no solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo da autorización previa da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, dos informes da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Intervención Delegada, e en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Capítulo I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar as subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2017 coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral (procedementos TR349A e TR349D).

Artigo 2. Marco normativo

1. As solicitudes, tramitación e concesión das subvencións axustaranse ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017; no que resulte de aplicación, na Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións e no seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; e no disposto nesta orde.

2. Por tratarse de subvencións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, serán de aplicación: o Regulamento (UE) 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Social Europeo (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013) e o Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, e ao Fondo de Cohesión, e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, así como na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Artigo 3. Principios de xestión

A xestión destes programas realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Artigo 4. Orzamentos

1. A concesión das subvencións prevista nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario e realizarase con cargo ás seguintes aplicacións da Secretaría Xeral de Emprego:

– Programa I. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial (procedemento TR349A): 1.308.673 euros.

Obxectivo temático 8. Prioridade de investimento 8.1. Obxectivo específico 8.1.3.

Aplicacións orzamentarias:

09.40.322C.472.0 código de proxecto 2016 00313, cun crédito de 1.147.051 euros, e 09.40.322C.480.0 código de proxecto 2016 00313, cun crédito de 161.622 euros.

– Programa II. Programa de incentivos á contratación de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social (procedemento TR349D): 219.869 euros.

Obxectivo temático 9. Prioridade de investimento 9.1. Obxectivo específico 9.1.1.

Aplicacións orzamentarias: 09.40.322C.481.10, código de proxecto 2016 00321, cun crédito de 24.116 euros, e 09.40.322C.472.4 código de proxecto 2016 00321, cun crédito de 195.753 euros.

Estas contías están recollidas na Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.

2. A distribución provincial de créditos para o financiamento das axudas e subvencións previstas nesta orde será directamente proporcional á porcentaxe do paro rexistrado en cada provincia en 31 de decembro de 2016, segundo os datos de paro rexistrados do Servizo Público de Emprego de Galicia. Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación en cada ámbito provincial. Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 7 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou máis solicitudes presentadas que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

3. No suposto de que o crédito asignado a unha provincia sexa superior ao número de solicitudes presentadas de xeito que exista remanente orzamentario, realizarase unha repartición proporcional deste entre as provincias restantes en función do número de solicitudes presentadas en cada ámbito provincial.

4. Este crédito poderá ser obxecto de modificación como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego.

5. Poderase ampliar a contía máxima deste crédito para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Se é o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Artigo 5. Definicións

Para os efectos desta orde, entenderase por:

1. Persoa desempregada: aquela que estea inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da súa contratación e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

A comprobación da inscrición no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego na data da alta na Seguridade Social realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, agás que o interesado se opoña á súa comprobación, caso en que deberá achegar o documento correspondente.

2. Persoa desempregada que esgotase as prestacións por desemprego: aquela que extinguise por esgotamento a prestación por desemprego de nivel contributivo ou calquera outra prestación non contributiva facilitada desde o Servizo Público de Emprego. En ambos os dous casos que non desempeñase ningún traballo, nin por conta allea nin propia, desde a data do último esgotamento.

3. Persoas en situación ou risco de exclusión social: persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia (Risga) ou membros da súa unidade de convivencia ou as persoas que teñan o certificado emitido polos servizos sociais acreditativo da dita situación social, tras a verificación da ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

4. Persoa con discapacidade: aquela que teña recoñecido pola Administración competente un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

De acordo co disposto no artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, considerarase que presentan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % as persoas pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez e as persoas pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión por xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Nestes supostos, a acreditación do grao de discapacidade realizarase conforme o previsto no Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, polo que se determina a consideración de persoa con discapacidade para os efectos da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (BOE núm. 300, do 16 de decembro).

A comprobación da condición de persoa con discapacidade realizaraa directamente o órgano xestor das axudas; no caso de oposición da persoa interesada ou que a discapacidade fose recoñecida por outra Administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá presentar a documentación acreditativa da discapacidade.

5. Unidade familiar: o conxunto de persoas que, convivindo no mesmo domicilio, está formado por:

– Aquela persoa por quen se solicite a subvención.

– O seu ou a súa cónxuxe ou parella inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

– Os seus fillos e fillas menores de 26 anos, ou maiores con discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %.

– As persoas menores de idade que teña acollidas.

Para a aplicación da condición «pertencer a unha unidade familiar na que todos os seus membros están desempregados» requirirase que todos os membros da unidade familiar maiores de 16 anos estean desempregados, e non sexan perceptores de pensión pública por xubilación ou incapacidade.

Para o concepto de desempregado dentro da unidade familiar, entenderase como persoa que careza de ocupación segundo o informe de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Estes datos comprobaranse na data de alta da persoa traballadora no momento da contratación.

6. Concello rural: aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada a nivel de parroquia (ZDP), segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística (https://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=003003001&idioma=gl). Para estes efectos, consideraranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

7. Taxa de estabilidade: a porcentaxe do persoal traballador fixo sobre o total do cadro de persoal no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.

Artigo 6. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas, deberanse facer constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.

2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Dar lugar, por causa da cal fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non acharse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.

j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non se dite resolución xudicial firme en cuxa virtude se poida practicar inscrición no correspondente rexistro.

4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria os solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

5. No caso de que a entidade solicitante sexa unha institución sen ánimo de lucro, a xustificación de non estar incursa na prohibición contida no número 3.e) anterior poderá ser substituída por unha declaración responsable a que se refire o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

CAPÍTULO II
Normas comúns

Artigo 7. Solicitudes e prazos

1. En relación coa presentación de solicitudes, as entidades beneficiarias a que vai dirixida esta orde de subvencións son as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens. Todas elas, incluídos os autónomos, exercen unha actividade económica e dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento, en calquera actividade comercial que realicen, polo que a presentación electrónica suporá un importante aforro de tempo e recursos materiais na súa tramitación, tanto para a persoa solicitante como para a propia Administración. Polo tanto, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.

3. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberanse presentar no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

4. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral pola cal se solicita subvención. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

5. O prazo para presentar as solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

6. As solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://emprego.ceei.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

7. Para garantir que os cidadáns que carecen de medios para relacionarse telematicamente coa Administración, e de acordo co previsto no artigo 13.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poidan presentar no rexistro electrónico a solicitude referente a este procedemento, a persoa solicitante poderá contar, entre outros, coa asistencia efectiva da Rede de Técnicos de Emprego de Galicia da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Artigo 8. Emenda das solicitudes

A sede electrónica remitirá as solicitudes recibidas á unidade administrativa encargada da instrución do expediente para que comprobe se a solicitude ou documentación presentada reúne os requisitos exixidos nesta orde e, no suposto de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, requirirán a persoa interesada para que nun prazo de 10 días hábiles emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará que a persoa ou entidade interesada desiste da súa petición, logo da resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da antedita lei.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o órgano ou entidade responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 35/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 11. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar ás persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, como responsable do ficheiro, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou no seguinte enderezo electrónico a: lopd.industria@xunta.gal.

Así mesmo, os datos referidos no parágrafo anterior tamén serán incluídos no ficheiro denominado Xestión, seguimento e control de proxectos e fondos europeos, cuxo obxecto, entre outras finalidades, é a xestión, seguimento, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europea. O órgano responsable deste ficheiro é a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, mediante unha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a: dx.politica.financeira.tesouro.fondos.europeos.facenda@xunta.gal.

Artigo 12. Instrución do procedemento

1. O procedemento de concesión das solicitudes presentadas ao abeiro desta orde axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

2. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria competente por razón do territorio.

3. Entenderase que a empresa desiste da súa solicitude cando a persoa traballadora pola que se solicita subvención cause baixa na empresa solicitante en data anterior á resolución da concesión da axuda. A empresa solicitante está obrigada a comunicar esta situación ao órgano ante o que solicitou a axuda.

4. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico dirixido á conta de correo que conste na solicitude para efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

6. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. A notificación entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

7. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Resolución e recursos

1. A competencia para resolver as solicitudes corresponderalle, por delegación da persoa titular da Consellería de Economía e Industria, á xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria competente por razón do territorio.

2. O prazo para resolver e notificar é de tres meses, que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A resolución de outorgamento da subvención comprenderá a identificación do beneficiario, contía da subvención e obrigas que correspondan ao beneficiario, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

4. Unha vez que o órgano competente notifique a resolución, as persoas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, segundo o artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

5. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada. Todo o anterior de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 14. Modificación da resolución de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión seguindo o principio de proporcionalidade a que se refire o artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 15. Incompatibilidades e concorrencia

1. Os incentivos establecidos para cada modalidade de contratación recollidos nesta orde son incompatibles entre si.

2. As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea son incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.

3. En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o 80 % do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.

4. As subvencións reguladas nesta orde serán compatibles coa axuda prevista para a adaptación dos postos de traballo regulada nas diferentes axudas de integración laboral das persoas con discapacidade, e incompatible co resto das axudas reguladas nos diferentes programas de integración laboral das persoas con discapacidade convocados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

5. Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Obrigas das persoas e entidades beneficiarias

Sen prexuízo das obrigas establecidas con carácter específico para cada programa de axuda, son obrigas das persoas e entidades beneficiarias das subvencións as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en especial, as seguintes:

a) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

No caso de que a entidade solicitante sexa unha institución sen ánimo de lucro, a xustificación de estar ao día nas súas obrigas tributarias poderá ser substituída por unha declaración responsable a que se refire o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

c) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

d) Conforme o artigo 140 do Regulamento (UE) 1303/2013, conleva conservar e custodiar a documentación xustificativa dos gastos durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

e) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

f) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do FSE, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

g) Cumprir coas medidas de comunicación e información establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 de decembro de 2013, así como adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. En particular, as accións de información e comunicación contarán co emblema da Unión Europea e a referencia ao Fondo Social Europeo, nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo de A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

h) Realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 relativo ao Fondo Social Europeo. Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coa actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberase referir ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento, a través da aplicación informática Participa 1420.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos casos previstos nesta orde.

j) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Perda do dereito ao cobramento da subvención e reintegro

1. Procederá a perda do dereito ao cobramento das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de mora correspondente, desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As obrigas de reintegro establecidas nos artigos 30 e 41 desta orde entenderanse sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, que aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

3. Procederá o reintegro do 10 % da axuda no caso do incumprimento de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas incompatibles.

4. Procederá o reintegro total da axuda concedida no caso de incumprir a obriga indicada no artigo 16, letra b), de comunicar a obtención doutras axudas incompatibles.

5. Procederá o reintegro do 5 % da axuda concedida no caso do incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas, no caso de que estas sexan compatibles.

6. Procederá o reintregro parcial polo exceso de financiamento, segundo o artigo 23 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de incumprimento da obriga establecida no artigo 16, letra b), de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas, no caso de que estas sexan compatibles.

7. Procederá o reintegro parcial do 2 % da axuda concedida no caso de incumprimento da obriga establecida no artigo 16, letras e) e g), de cumprir coas medidas de información.

8. Procederá, así mesmo, o reintegro nos casos previstos para cada programa concreto nos artigos 30 e 41 desta orde.

Artigo 18. Devolución voluntaria da subvención

De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta ES82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 19. Seguimento e control

1. As xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Secretaría Xeral de Emprego poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos, a persoa beneficiaria deberá cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

2. A persoa solicitante das axudas e subvencións previstas nesta orde, no suposto de teren a condición de beneficiaria e para os efectos das actuacións de control das obrigas asumidas, autorizan a Consellería de Economía, Emprego e Industria para que a Tesouraría Xeral da Seguridade Social poida facilitar a información sobre a situación de alta no sistema da Seguridade Social.

Artigo 20. Réxime de axudas

As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de minimis nos termos establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352, do 24 de decembro). Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución de concesión da subvención. Polo tanto, a axuda total de minimis concedida a unha empresa non será superior a 200.000 euros durante o período dos dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal actual da empresa solicitante, ou a 100.000 euros no suposto dunha axuda concedida a unha empresa que opere no sector do transporte por estrada. Para o cómputo dos límites deste réxime de axudas terase en conta o concepto de «única empresa» establecido no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013.

Por tratarse de axudas sometidas ao réxime de axudas de minimis, non poderá concederse a empresas dos seguintes sectores:

a) Pesca e acuicultura, segundo se establece no Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Consello.

b) As axudas concedidas ás empresas dedicadas á produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado.

c) As axudas concedidas ás empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

i) Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.

ii) Cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade dela se repercuta aos produtores primarios.

d) As axudas ás actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.

e) As axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.

Capítulo III
Programa I. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial (TR349A)

Artigo 21. Obxecto e finalidade e principios de xestión

Este programa ter por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2017 dos incentivos a contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

Artigo 22. Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.

2. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

Artigo 23. Requisitos

1. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao da contratación.

2. Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta, ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao da contratación.

3. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán as persoas traballadoras fixas cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

No caso de que algún dos 3 meses anteriores á contratación pola cal se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

4. A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial non poderá ser inferior ao 50 % da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima legal.

5. As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Artigo 24. Contías dos incentivos

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 8.000 euros.

Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:

a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.

b) Un 25 % se a persoa incorporada ten discapacidade ou se encontra en situación ou risco de exclusión social.

c) Un 25 % se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar na cal todos os seus membros están desempregados.

d) Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

2. No caso de que a empresa conte no seu cadro de persoal do mes da contratación pola que se solicita subvención cun mínimo do 75 % de persoal indefinido, as contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros.

Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:

a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.

b) Un 25 % se a persoa incorporada ten discapacidade ou se encontra en situación ou risco de exclusión social.

c) Un 25 % se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar na cal todos os seus membros están desempregados.

d) Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

3. A contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

4. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.

Artigo 25. Exclusións

Exclúense dos beneficios regulados nesta orde:

1. As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

2. Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

3. As contratacións realizadas con persoas traballadoras que nos 24 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal ou mediante un contrato formativo, de remuda ou de substitución por anticipación da idade de xubilación. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador ou da traballadora con empresas ás cales a persoa solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

4. As persoas traballadoras que rematen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas nos artigos 49.1.g), 51 e 52.c) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 26. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Cando se actúe mediante representación, esta atribución expresa acreditarase por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, e deberase achegar declaración ante un notario ou secretario municipal, adquirindo esta a categoría de documento público. Poderá ser substituída por declaración en comparecencia persoal do representado ante o órgano xestor.

b) Informe de vida laboral dun código conta de cotización correspondente aos tres meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación indefinida inicial, máis o correspondente ao mes en que se realiza a dita contratación.

c) Declaración do cadro de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia nos tres meses anteriores ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada pola cal se solicita a subvención, anexo I-B. De ser o caso, TA2 de baixa das persoas traballadoras indefinidas contratadas que causaron baixa polas causas previstas no artigo 23.3 da orde de convocatoria.

d) Relación nominal das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención onde se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención, anexo I-C, e a nómina do mes de contratación.

e) Documentación acreditativa do colectivo polo cal se opta (para os casos de exclusión social ou discapacidade recoñecida fóra de Galicia).

f) No caso de incorporación dunha persoa pertencente a unha familia na cal todos os seus membros están desempregados:

1º. Declaración responsable da persoa traballadora pola cal se solicita a subvención sobre a composición da súa unidade familiar, de acordo co modelo do anexo I-D.

2º. Certificado de empadroamento conxunto da unidade familiar.

3º. Copia do libro de familia.

4º. Comprobación de datos da persoa traballadora contratada e dos membros da súa unidade familiar (anexo I-E).

2. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente, sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Artigo 27. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

b) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

c) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

e) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia da persoa traballadora contratada.

2. Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa traballadora pola cal se solicita a subvención faga constar no anexo I-D que pertence a unha familia en que todos os seus membros están desempregados:

a) Copia do documento nacional de identidade das persoas membros da unidade familiar maiores de 16 anos.

b) Informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social relativo ás persoas membros da unidade familiar maiores de 16 anos.

c) Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar maiores de 16 anos.

d) Se é o caso, certificado de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo no cadro indicado nos anexos I-A e I-E e achegar os documentos correspondentes.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 28. Xustificación e pagamento

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa para o pagamento no prazo, nos termos e no modo establecidos na resolución de concesión. Excepcionalmente e por causas debidamente xustificadas, o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para presentar da xustificación que non exceda a metade deste. O acordo de ampliación deberá ser notificado ás persoas ou entidades beneficiarias.

A documentación que se deberá presentar é a seguinte:

a) Cumprimento por parte da empresa da obriga de informar as persoas traballadoras acerca do financiamento comunitario da subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo I-G.

b) Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, anexo I-F.

c) De ser o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e a subvención concedida. Os documentos que se acheguen deben incluír as contas ou as subcontas en que se contabilizaron, as datas e os números dos asentos contables, e indicación específica do seu financiamento polo Fondo Social Europeo.

d) A documentación acreditativa (fotografías ou documentos equivalentes) do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 16 e) e g) desta orde.

e) Información dos indicadores de produtividade sobre as entidades e os participantes a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, a través da aplicación Participa 1420 ou segundo o modelo que estará dispoñible na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://emprego.ceei.xunta.gal.

2. Non se poderá realizar o pagamento da subvención mentres a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social ou teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de procedencia de reintegro.

No caso de que a entidade beneficiaria sexa unha institución sen ánimo de lucro, a xustificación de estar ao día nas súas obrigas tributarias poderá ser substituída por unha declaración responsable a que se refire o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. En todo caso, nas axudas deste capítulo respectaranse as condicións da normativa estatal en materia de subvencionalidade dos gastos cofinanciados polo FSE e, en concreto, o previsto na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Artigo 29. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos contado desde a data de realización da contratación.

No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a empresa está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación indefinida inicial, polo menos cunha xornada de traballo igual á anterior, e a persoa traballadora deberá pertencer a algún dos colectivos de persoas beneficiarias deste programa polo que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que causase baixa. Esta substitución deberase realizar ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberalle ser comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

2. Manter durante 2 anos o número de persoas traballadoras fixas do cadro de persoal no mes de realización da contratación indefinida inicial, que se contarán desde o mes de realización da contratación.

3. Unha vez finalizado o período dos dous anos do cumprimento destas obrigas, corresponderalle á Secretaría Xeral de Emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa. Para iso, a entidade beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, unha declaración da media do persoal traballador fixo no conxunto dos centros de traballo en Galicia do período de 12 meses contados desde o mes seguinte ao da realización das contratacións subvencionadas. Esta declaración deberase presentar respecto de cada un dos 2 anos seguintes ao mes en que se realizou a contratación subvencionada. A estas declaracións xuntaranse o informe de vida laboral dun código conta de cotización expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social das 24 mensualidades.

Ademais, o beneficiario está obrigado a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, as nóminas das 24 mensualidades correspondentes a cada persoa traballadora subvencionada.

4. No prazo máximo de catro semanas desde o cumprimento dos prazos de mantemento da condición de traballador a que se refire o parágrafo 1 anterior, a entidade beneficiaria deberá presentar, respecto de cada unha das persoas polas cales percibiu a subvención ou as persoas substitutas, os indicadores de resultado inmediatos a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro, relativo ao Fondo Social Europeo.

A Administración actuante poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalice este mantemento, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Artigo 30. Reintegros

Procederá o reintegro das axudas cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

1. Cando a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 29.1 desta orde, por cada contratación subvencionada e non substituída conforme o establecido no antedito artigo procederá o reintegro da axuda concedida pola persoa traballadora de que se trate.

Neste suposto hai que diferenciar entre o reintegro total, cando non se leve a cabo a substitución da persoa traballadora que causou baixa, e o reintegro parcial, que procederá nos seguintes casos:

a) Se se efectuou a substitución, pero esta non foi feita no prazo anteriormente indicado.

O cálculo da contía que se deberá reintegrar parcialmente farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses a subvención concedida.

ii. Calcúlase o número de meses que o posto estivo vacante. Computarase para estes efectos o prazo que se concede para proceder á substitución. Así mesmo, o mes en que se leve a cabo a substitución considerarase como mes de incumprimento, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

iii. E multiplícase o importe obtido na primeira operación (i) polo número de meses durante os cales o posto de traballo estivese vacante.

b) Se se efectuou a substitución, pero esta non foi feita polo menos cunha xornada de traballo igual á da persoa que causou baixa, ou no suposto dunha modificación da xornada de traballo da persoa contratada e subvencionada.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería pola xornada inferior e o cálculo da contía que se vai reintegrar farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses o importe concedido pola persoa traballadora de que se trate.

ii. Calcúlase a subvención que lle correspondería en función da nova xornada de traballo e divídese entre vinte e catro meses.

iii. Á contía obtida na operación primeira (i) réstaselle a contía obtida na operación segunda (ii).

iiii. O resultado multiplícase polo número de meses que resten ata cumprir os vinte e catro, tendo en conta que o mes en que se leve a cabo a substitución será computado entre os meses con xornada inferior, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

c) Se se efectuou a substitución, pero esta non foi feita cunha nova persoa traballadora pertencente a algún dos colectivos de persoas beneficiarias deste programa polo que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que causou baixa.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería á nova contratación, e o cálculo da contía que se vai reintegrar farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses o importe concedido pola persoa traballadora de que se trate.

ii. Calcúlase a subvención que correspondería en función do colectivo da persoa traballadora substituta, e divídese tamén entre vinte e catro meses.

iii. Á contía obtida na operación primeira (i) réstaselle a contía obtida na operación segunda (ii).

iiii. O resultado multiplícase polo número de meses que resten ata cumprir os vinte e catro, tendo en conta que o mes en que se leve a cabo a substitución será computado entre os meses durante os que a subvención sería inferior, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

2. Cando a persoa beneficiaria incumpra, en medias anuais, a obriga establecida no artigo 29.2, procederá o reintegro parcial da axuda por cada anualidade en que se incumpra esta obriga.

Capítulo IV
Programa II. Programa de incentivos á contratación de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social (TR349D)

Artigo 31. Obxecto e finalidade e principios de xestión

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2017 dos incentivos ás contratacións indefinidas iniciais, as contratacións de carácter temporal e as transformacións de contratos temporais en indefinidos formalizadas con persoas que estean en situación ou risco de exclusión social de acordo coa definición do artigo 5.3 desta orde.

Artigo 32. Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais, as contratacións con carácter temporal e as transformacións de contratos temporais en indefinidos que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambas inclusive.

2. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo, que realicen as empresas e as entidades empregadoras con persoas en situación ou risco de exclusión social.

3. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal, a tempo completo ou a tempo parcial, que se realicen con persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos relacionados no artigo 5.3 desta orde.

Artigo 33. Transformacións subvencionables

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as transformacións das contratacións temporais en indefinidas, sempre que a xornada de contratación indefinida sexa igual ou superior á da contratación temporal que se transforma e que se realicen con persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos relacionados no artigo 5.3 desta orde.

Artigo 34. Requisitos

1. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola cal se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal neto e fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes da contratación.

2. Como consecuencia da contratación temporal que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto aos tres meses anteriores ao mes da contratación.

3. Como consecuencia da transformación do contrato temporal en indefinido que se fomenta ten que incrementarse o emprego fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto aos tres meses anteriores ao mes de transformación.

4. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán as persoas traballadoras fixas cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despedimento disciplinario que non sexan declarados improcedentes ou cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

No caso de que nos tres meses anteriores á contratación pola cal se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

5. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal neto non se computarán as persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por propia vontade da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

6. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo non se computarán as persoas traballadoras fixas cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

7. A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial deberá ser como mínimo do 50 % da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima legal.

8. O contrato temporal formalizado con persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos en risco de exclusión social relacionados no artigo 5.3 desta orde deberá ter unha duración inicial mínima de 6 meses.

9. O contrato temporal formalizado con persoas desempregadas perceptoras da Risga definidas no artigo 5.3 desta orde deberá ter unha duración inicial mínima de 7 meses.

10. Non se incentivará a transformación dos contratos temporais en indefinidos sempre que transcorresen máis de 24 meses desde a súa subscrición inicial, agás aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo. Computaranse todas as modalidades contractuais subscritas sen ruptura de continuidade.

11. No caso de transformacións de contratos temporais a tempo completo, a xornada do novo contrato indefinido será a tempo completo (excepto as transformacións de contratos temporais en indefinidos na súa modalidade de fixo descontinuo, que poderá ter unha duración inferior á xornada a tempo completo en cómputo anual).

12. As contratacións polas cales se solicita subvención deberanse formalizar e comunicar á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Artigo 35. Contías dos incentivos

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros. Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:

a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.

b) Un 25 % se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar na cal todos os seus membros están desempregados.

c) Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

2. As contratacións temporais incentivaranse do seguinte xeito:

Duración do contrato

Contía

6 meses

2.500 €

7 meses

2.900 €

8 meses

3.300 €

9 meses

3.700 €

10 meses

4.100 €

11 meses

4.550 €

12 meses

5.000 €

3. As transformacións de contratos temporais en indefinidos incentivaranse cunha axuda de 2.500 euros.

4. A contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

5. Se a transformación se produce con anterioridade ao remate da duración inicial dun contrato temporal xa subvencionado, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ao período non esgotado, reducindo na mesma contía o incentivo pola transformación do contrato en indefinido.

O cálculo da contía para minorar da subvención que lle correspondería á transformación farase do seguinte xeito:

i. Divídese a subvención concedida polo contrato temporal entre o número de meses de duración deste contrato.

ii. Calcúlase o número de meses que resta para o cumprimento do contrato temporal, a partir da data da transformación do contrato temporal en indefinido.

iii. E multiplícase o importe obtido na primeira operación polo número de meses que restan por cumprir do contrato temporal. A contía resultante descontarase do importe total da subvención que corresponde á transformación, tendo en conta que o mes en que se leve a cabo a transformación do contrato en indefinido non será computado para os efectos da compensación, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

6. Os beneficios establecidos á contratación neste programa non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial das mensualidades obxecto de subvención.

Artigo 36. Exclusións

A) Contratación indefinida inicial:

1. As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

2. Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con ela, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

3. As contratacións realizadas con persoas traballadoras que nos 24 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal ou mediante un contrato formativo, de remuda ou de substitución por anticipación da idade de xubilación. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador ou da traballadora con empresas ás cales a persoa solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

4. As persoas traballadoras que rematen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas nos artigos 49.1.g), 51 e 52.c) do Estatuto dos traballadores.

B) Contratación temporal e transformacións de contratos temporais en indefinidos:

1. As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

2. Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con ela, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

Artigo 37. Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Cando se actúe mediante representación, esta atribución expresa acreditarase por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna e deberase achegar declaración ante un notario ou secretario municipal. Esta adquirirá a categoría de documento público e poderá ser substituída por declaración en comparecencia persoal do representado ante o órgano xestor.

b) Informe de vida laboral dun código conta de cotización correspondente aos tres meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación indefinida inicial, máis o do correspondente ao do mes en que se realiza a dita contratación.

c) No caso de contratación indefinida inicial, declaración do cadro de persoal, neto e fixo de todos os centros de traballo da empresa en Galicia nos tres meses anteriores ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada, anexo II-B. De ser o caso, TA2 de baixa das persoas traballadoras indefinidas contratadas que causaron baixa polas causas previstas no artigo 34.4 da orde de convocatoria.

d) No caso de contratación temporal, declaración do cadro de persoal neto de todos os centros de traballo da empresa en Galicia nos tres meses anteriores ao inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada, anexo II-C. De ser o caso, TA2 de baixa das persoas traballadoras contratadas que causaron baixa polas causas previstas no artigo 34.5 da orde de convocatoria.

e) No caso de transformación de contrato temporal en indefinido, declaración do cadro de persoal fixo de todos os centros de traballo da empresa en Galicia nos tres meses anteriores ao mes de transformación do contrato da persoa traballadora contratada, anexo II-D. De ser o caso, TA2 de baixa das persoas traballadoras indefinidas contratadas que causaron baixa polas causas previstas no artigo 34.6 da orde de convocatoria.

f) Relación nominal das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención onde se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención, anexo II-E, e a nómina do mes de contratación.

g) Documentación acreditativa do colectivo polo cal se opta (para o caso de exclusión social ou discapacidade recoñecida fóra de Galicia).

h) No caso de incorporación dunha persoa pertencente a unha familia en que todos os seus membros están desempregados:

1º. Declaración responsable da persoa solicitante da subvención sobre a composición da súa unidade familiar, de acordo co modelo do anexo II-F.

2º. Certificado de empadroamento conxunto da unidade familiar.

3º. Copia do libro de familia.

4º. Comprobación de datos da persoa traballadora contratada e dos membros da súa unidade familiar, anexo II-G.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Artigo 38. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

b) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

c) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

e) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia da persoa traballadora contratada.

2. Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar no anexo II-F que pertence a unha familia na cal todos os seus membros están desempregados:

a) Copia do documento nacional de identidade das persoas membros da unidade familiar maiores de 16 anos.

b) Informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social relativo ás persoas membros da unidade familiar maiores de 16 anos.

c) Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar maiores de 16 anos.

d) Se é o caso, certificado de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo no cadro indicado nos anexos II-A e II-G e achegar os documentos correspondentes.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, porderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 39. Xustificación e pagamento

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa para o pagamento no prazo, nos termos e no modo establecidos, na resolución de concesión. Excepcionalmente e por causas debidamente xustificadas, o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación que non exceda a metade deste. O acordo de ampliación deberá ser notificado ás persoas ou entidades beneficiarias.

A documentación que se deberá presentar é a seguinte:

a) Declaración do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, complementaria da presentada coa solicitude, segundo o modelo do anexo II-H.

b) Cumprimento por parte da empresa da obriga de informar as persoas traballadoras acerca do financiamento comunitario da subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo II-I.

c) De ser o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e a subvención concedida. Os documentos que se acheguen deben incluír as contas ou as subcontas nas cales se contabilizaron, as datas e os números dos asentos contables.

d) A documentación acreditativa (fotografías ou documentos equivalentes) do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 16 e) e g) desta orde.

e) Información dos indicadores de produtividade sobre as entidades e os participantes a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, a través da aplicación Participa 1420 ou segundo o modelo que estará dispoñible na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://traballo.xunta.gal.

2. Non poderá realizarse o pagamento da subvención mentres a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social ou teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de procedencia de reintegro.

No caso de que a entidade beneficiaria sexa unha institución sen ánimo de lucro, a xustificación de estar ao día nas súas obrigas tributarias poderá ser substituída por unha declaración responsable a que se refire o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. En todo caso, nas axudas deste capítulo respectaranse as condicións da normativa estatal en materia de subvencionalidade dos gastos cofinanciados polo FSE e, en concreto, o previsto na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Artigo 40. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Son obrigas das entidades beneficiarias.

A) Contratación indefinida inicial:

Manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos contado desde a data de realización da contratación.

No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a empresa está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación indefinida inicial, polo menos cunha xornada de traballo igual á anterior, e a persoa traballadora deberá pertencer a algún dos colectivos de persoas beneficiarias deste programa polo que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que causase baixa. Esta substitución deberá realizarse ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberalle ser comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

O beneficiario está obrigado a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, as nóminas das 24 mensualidades correspondentes a cada persoa traballadora subvencionada.

A Administración actuante poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalice este mantemento, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

B) Contratación temporal:

Manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada polo período de duración do contrato obxecto de subvención.

No suposto de extinción da relación laboral dunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación temporal, polo menos en tempo de dedicación igual ao anterior, e a nova persoa traballadora deberá pertencer ao colectivo de persoas beneficiarias deste programa. Esta substitución deberase realizar ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberalle ser comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

C) Transformación de contratos temporais en indefinidos:

Manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos contado desde a data de realización da transformación subvencionada.

No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a empresa está obrigada a cubrir a vacante, polo menos en tempo de dedicación igual á anterior, cunha nova transformación dun contrato temporal que estivese vixente na data de baixa da persoa traballadora substituída e, de non ser isto posible, cunha nova contratación indefinida inicial realizada cunha persoa desempregada e inscrita no Servizo Público de Emprego. Para cumprir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberalle ser comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

O beneficiario está obrigado a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, as nóminas das 24 mensualidades correspondentes a cada persoa traballadora subvencionada.

A Administración actuante poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalice este mantemento, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

2. Unha vez finalizado o período de cumprimento desta obriga, corresponderalle á Secretaría Xeral de Emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa.

3. No prazo máximo de catro semanas desde o cumprimento dos prazos de mantemento da condición de traballador a que se refiren as letras A, B e C anteriores, a entidade beneficiaria deberá presentar, respecto de cada unha das persoas polas cales percibiu a subvención ou as persoas substitutas, os indicadores de resultado inmediatos a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo.

Artigo 41. Reintegros

Procederá o reintegro da axuda cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

A) Contratación indefinida inicial:

Cando a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 40.1.A desta orde, por cada contratación subvencionada e non substituída conforme o establecido no antedito artigo procederá o reintegro da axuda concedida pola persoa traballadora de que se trate.

Neste suposto hai que diferenciar entre o reintegro total, cando non se leve a cabo a substitución da persoa traballadora que causou baixa, e o reintegro parcial, que procederá nos seguintes casos:

a) Se se efectuou a substitución pero esta non foi feita no prazo anteriormente indicado.

O cálculo da contía que se vai reintegrar parcialmente farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses a subvención concedida.

ii. Calcúlase o número de meses que o posto estivo vacante. Computarase para estes efectos o prazo que se concede para proceder á substitución. Así mesmo, o mes en que se leve a cabo a substitución considerarase como mes de incumprimento, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

iii. E multiplícase o importe obtido na primeira operación (i) polo número de meses durante os cales o posto de traballo estivese vacante.

b) Se se efectuou a substitución, pero esta non foi feita polo menos cunha xornada de traballo igual á da persoa que causou baixa, ou no suposto dunha modificación da xornada de traballo da persoa contratada e subvencionada.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería pola xornada inferior e o cálculo da contía que se deberá reintegrar farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses o importe concedido pola persoa traballadora de que se trate.

ii. Calcúlase a subvención que lle correspondería en función da nova xornada de traballo e divídese entre vinte e catro meses.

iii. Á contía obtida na operación primeira (i) réstaselle a contía obtida na operación segunda (ii).

iiii. O resultado multiplícase polo número de meses que resten ata cumprir os vinte e catro, tendo en conta que o mes durante o cal se leve a cabo a substitución será computado entre os meses con xornada inferior, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

B) Contratación temporal:

Entenderase que se produce un incumprimento parcial e, polo tanto, procederá o reintegro parcial das axudas cando a persoa traballadora non sexa substituída pola empresa unha vez que transcorrese a duración mínima do contrato para que este poida ser subvencionado. O cálculo da contía que se reintegrará farase en función dos meses en que a persoa traballadora estivo na empresa en relación coa duración total do contrato obxecto de subvención.

Entenderase que se produce un incumprimento total e, polo tanto, procederá o reintegro total dos incentivos, cando a persoa traballadora subvencionada cese na súa relación laboral antes de que transcorra o período mínimo de subvención e a empresa non proceda a substituílo.

C) Transformación de contratos temporais en indefinidos:

Procederá o reintegro das axudas cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

Cando a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 40.1.C desta orde, por cada contratación subvencionada e non substituída conforme o establecido no antedito artigo, procederá o reintegro da axuda concedida pola persoa traballadora de que se trate.

Neste suposto hai que distinguir entre o reintegro total, cando non se leve a cabo a substitución da persoa traballadora que causou baixa, e o reintegro parcial, que procederá nos seguintes casos:

a) Se se efectuou a substitución pero esta non foi feita no prazo anteriormente indicado.

O cálculo da contía que se deberá reintegrar parcialmente farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses a subvención concedida.

ii. Calcúlase o número de meses que o posto estivo vacante. Computarase para estes efectos o prazo que se concede para proceder á substitución. Así mesmo, o mes en que se leve a cabo a substitución considerarase como mes de incumprimento, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

iii. E multiplícase o importe obtido na operación primeira (i) polo número de meses durante os cales posto de traballo estivese vacante.

b) Se se efectuou a substitución, pero esta non se fixo polo menos cunha xornada de traballo igual á da persoa que causou baixa, ou no suposto dunha modificación da xornada de traballo da persoa contratada e subvencionada.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería pola xornada inferior e o cálculo da contía que se deberá reintegrar farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses o importe concedido pola persoa traballadora de que se trate.

ii. Calcúlase a subvención que lle correspondería en función da nova xornada de traballo e divídese entre vinte e catro meses.

iii. Á contía obtida na operación primeira (i) réstaselle a contía obtida na operación segunda (ii).

iiii. O resultado multiplícase polo número de meses que resten ata cumprir os vinte e catro, tendo en conta que o mes en que se leve a cabo a substitución será computado entre os meses con xornada inferior, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria nos xefes e xefas territoriais, no ámbito das súas respectivas provincias, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispor, recoñecer a obriga e propor os correspondentes pagamentos, e para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas persoas beneficiarias, respecto das resolucións concesorias de que derivan, ditadas por delegación da persoa titular da consellería.

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria na persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego para tramitar e resolver os expedientes de redistribución dos créditos necesarios para o financiamento desta orde.

Disposición adicional segunda. Información sobre a xestión de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento da orde

Facúltase a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file