Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 31 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN661A 2004/9-1, no concello de Muxía.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Muxía I, no concello de Muxía (expediente IN661A 2004/9-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 31 de xullo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2004/9-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación da instalación: parque eólico Muxía I.

Concello: Muxía.

Predio

Lugar

Titularidade

Data

Hora

431

Trozo da Croa

Emiliano Sambad Alvarellos

8.8.2017

10.15

1113

Trozo da Croa

María Elena Rodríguez Touriñán

8.8.2017

10.05